"A ideoloxía de que as mulleres estamos para parir non é unha volta a 25 anos atrás, senón a hai séculos"
María Xosé Queizán recibiu hai unhas semanas o premio Irmandade do Libro pola súa traxectoria literaria, un dos alicerces fundamentais do pensamento feminista galego. Falamos con ela de toda a súa obra, aproveitando para preguntarlle sobre a reforma da lei do aborto proposta por Gallardón.
Arte de 'escárnio e maldizer': a cultura galega fronte ás mentiras da crise
Son moitas as obras e discursos que nos últimos anos reflectiron ou reflexionaron sobre a restrición de dereitos e liberdades, o afondamento das desigualdades sociais ou o desmantelamento do Estado do Benestar.
“Pretendín desfiañar a incerteza do día a día: como a inseguridade laboral se converte en inseguridade vital”
Ramiro Ledo vén de presentar no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires VidaExtra, o seu novo filme tras Cineclube Carlos Varela e O proceso de Artaud.
Cavar na foxa da memoria: a novela histórica galega como metáfora do presente político
A novela ten un papel fundamental que cumprir na recuperación da memoria das colectividades que non puideron contar a súa historia
"A novela é fundamental para recuperar a memoria das colectividades que non puideron contar a súa historia"
Francisco X. Fernández Naval acaba de gañar o premio Irmandade do Libro á mellor obra do ano 2012 con A noite branca, unha novela que indaga nunha parte incómoda da historia: a participación de soldados españois, e dalgúns galegos, na Segunda Guerra Mundial do lado dos nazis
Por que Rosalía dixo que non volvería escribir en galego?
Montse Dopico consulta con investigadores e expertas na obra de Rosalía as distintas explicacións que se propoñen para entender as razóns polas que a poeta decidiu nun momento dado deixar de publicar en lingua galega.
"Ponse a natureza como escusa para non mudar as cousas. Pero os humanos fabricamos a sociedade"
Tomar distancia. Reenfocar a mirada para observar os humanos desde fóra de si mesmos. É o camiño que a escritora Estíbaliz Espinosa emprendeu no seu primeiro poemario individual. E dese mesmo abraio polo texto, pola páxina, arranca o seu novo libro: Papel a punto de.
“A educación é unha conquista da democracia que se nos está esvaecendo coma fume de cabicha”
Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe unha das cadeiras da RAG. E está disposta a facelo non só avanzando un chanzo máis no seu compromiso persoal coa lingua, senón seguindo a pelexar por demostrar canto vale a Literatura Infantil e Xuvenil do noso país.
"A Transición foi unha operación de maquillaxe destinada a manter a dominación da burguesía"
Falamos con Carlos F. Velasco Souto, autor de Franquismo serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981). Para umha interpretaçom politicamente incorreta do nosso passado recente
“O poder é sempre reaccionario. Busca perpetuarse, crear elites e separarse do cidadán común”
Personaxes á procura dunha última oportunidade. Da redención. Este é o cerne de Todo OK, a nova novela de Diego Ameixeiras.
"Só somos xente que viu como se ía destruíndo este país e como se tenta acabar cos dereitos sociais"
Zënzar cumpren 25 anos, e celebrarano o vindeiro 8 de marzo na sala Capitol, en Compostela. Falamos co cantante do grupo, Bocixa.
"A nosa lingua ten futuro e é unha oportunidade para ampliar horizontes"
Uxía non para. Cuns poucos meses de diferencia, presentou catro discos: Meu canto, Andando a Terra: Uxía canta a Manuel María, Cantigas de mulleres e Maria Fumaça. Ademais de preparalo todo para a celebración dos dez anos de Cantos na Maré hai uns poucos días.