Montse Dopico

Montse Dopico

Xornalista cultural e docente. Foi redactora nos xornais Galicia Hoxe, El Progreso e La Voz de Galicia e colaboradora de El Cultural, El Mundo, El País, Faro de Vigo e Público. Na actualidade colabora en Praza Pública.

  • "Hai unha presenza da temática lesbiana na literatura que unha e outra vez é relegada pola crítica"

    Mulleres rebeldes protagonizan as novelas de María Reimóndez. E En vías de extinción, a súa última obra, non é unha excepción. Gaia, unha moza galega, feminista e nacionalista, con orixes no rural e cunha forte personalidade inicia unha relación cunha cantante famosa. Falamos con María desta novela e tamén da súa intervención no último congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, arredor do lesbianismo na literatura.

  • "Temos que repensar o noso concepto de delito, e de mal"

    As actrices Clara Gayo, Rula Blanco e Rocío González non precisan máis que da palabra e do movemento dos seus corpos para meter ao público nas pezas fundamentais do sistema carcerario. Nunha obra, Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes, que incomoda. Que convida a repensar o concepto dominante de delincuencia nun tempo de grandes estafas de guante branco e precarización das vidas da maioría da poboación.

  • "Se tivesen certa conciencia poética, non pasarían cousas coma a dos bancos e as preferentes"

    Gañar o premio Xerais con só 26 anos e sendo unha escritora ocasional é algo extraordinario. Que a obra gañadora estea escrita a catro mans con teu pai engádelle aínda máis interese á historia. María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleiron -o irmán de Eusebio- gañaron o Xerais con Tonas de Laranxa, unha narración coral con arrecendo a froita e ronsel cunqueirán.

  • "Non hai xestión pública das industrias culturais, senón só unha involución total"

    “Somos un sector estratéxico e precisamos unha estratexia realizada con consenso entre a administración e o sector”. Así o dixo a presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Dolores Ben, na gala dos últimos premios Mestre Mateo. A Xunta recoñeceu o carácter "estratéxico e prioritario" do audiovisual na lei que regula o sector, aprobada por unanimidade no Parlamento no 1999. Entre os obxectivos do Consorcio Audiovisual de Galicia, creado despois ao abeiro desta norma, figura o fomento da "produción e da industria cinematográfica e audiovisual galega".

  • “O bo da literatura que nos doe é que nos devolve unha caricatura de nós mesmos”

    Laura no deserto (Galaxia) é unha novela que doe. Unha historia tan dura como real, tan valente como necesaria. O seu autor, Antón Riveiro Coello, tomou como punto de partida as memorias da militante comunista Mercedes Núñez para reflexionar sobre a culpa, a desmemoria e o silencio, o desamor e, sobre todo, a procura da identidade dunha persoa que conseguiu sobrevivir ao cárcere franquista e un campo de concentración nazi.  O libro vén de ser recoñecido co Premio da Crítica á mellor novela en galego e co Premio de Narrativa da AELG.

  • "Non creo que haxa razóns para dicir que fixen exclusións"

    Non é unha tarefa doada dirixir o Centro Dramático Galego nunha época de brutais recortes na cultura e constante conflito entre o sector e a Xunta. Manuel Guede reivindica, neste contexto, a súa experiencia como aval para afrontar a súa nova etapa á fronte do CDG -que xa dirixira durante 14 anos, cos gobernos de Fraga-, e promete erguer pontes para o diálogo, para así comezar a traballar. Asegura querer mirar ao futuro e non ao pasado, e estar xa á procura de fórmulas para que "a crise non poida con nós".