Montse Dopico

Montse Dopico

Xornalista cultural e docente. Foi redactora nos xornais Galicia Hoxe, El Progreso e La Voz de Galicia e colaboradora de El Cultural, El Mundo, El País, Faro de Vigo e Público. Na actualidade colabora en Praza Pública.

  • “O xénero experimental é tan vello coma o cinema. Foron as salas comerciais as que se afastaron del”

    Que Marcos Nine estea a presentar o seu filme La Brecha no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires (BACIFI) é unha proba máis de que o Novo Cinema Galego non é só unha etiqueta, senón unha realidade que está a dar os seus froitos. E aínda máis. É un síntoma de que o cine experimental atopou o seu espazo no noso país. “O que está a pasar é que, por unha vez na historia, non chegamos con retraso, senón ao mesmo tempo que os demais, con autores de éxito internacional como Óliver Laxe ou Xurxo Chirro”, salienta o crítico Martin Pawley.

  • “Non podemos resignarnos e deixar que só fagan cine os homes”

    Das películas rodadas entre o 2000 e o 2006, só o oito por cento foron dirixidas por mulleres. A representación feminina acadou un 20 por cento na montaxe, fronte ao 37 por cento na interpretación. Son algúns datos recollidos no estudo Cine y género en España, impulsado pola Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais (CIMA). Tamén o Dicionario de Cine de Galicia 1896-2008' amosa un cativo número de nomes de mulleres realizadoras.

  • “Arrancaban os mozos do agro e metíanos á forza no frente de guerra”

    Un mozo emprende a viaxe cara América desde a súa aldea. Coa mala sorte de que, coa emoción das despedidas, demora máis da conta e perde o coche de liña. Non lle queda máis remedio que esperar polo camión do leiteiro. Sentado na súa maleta de emigrante, cavila sobre a súa vida. Acompáñano na espera unha vendedora de figos e un pai que quere levar ao seu fillo miope ao oculista. Así comeza Esperando o leiteiro, (Galaxia), a nova novela de Xosé Neira Vilas. O autor volve ollar, nesta obra, á emigración da Galicia rural desde a perspectiva dun rapaz. Mais, desta volta, é o humor o aliado da súa capacidade para retratar a realidade socio-política do seu país.

  • "Co auto do Tribunal Superior de Catalunya queda claro que o decreto do bipartito non tiña ningún problema legal"

    A profesora de Dereito Administrativo na USC Alba Nogueira acaba de ser elixida académica correspondente da RAG. Coautora, xunto con Luís Villares, Antonio Xavier Ferreira e Anxo Tato, da obra Estatuto xurídico da lingua galega, as súas liñas de traballo abranguen tamén o dereito administrativo económico ou o dereito público autonómico. 

  • “A xestión da danza por parte das institucións públicas está a ser nefasta”

    Profesionais que conseguiran voltar a Galicia tiveron que emigrar outra vez. Compañías que aínda non cobraron o que Agadic lles debe do 2011 sobreviven coas súas actuacións internacionais. Outras reducen -máis aínda- os formatos das súas pezas para acceder máis facilmente a circuítos de distribución non convencionais. E todos comparten unha mesma sensación de descontento e preocupación. Así pode resumirse a situación da danza en Galicia. Un sector xa de por si feble capea como pode unha crise que pon a proba, máis ca nunca, a súa capacidade de adaptación e resistencia.

  • "Temos un goberno de 'liquidadores' disfrazados de xestores da débeda pública"

    Xavier Queipo acaba de gañar o premio Xosé María Álvarez Blázquez 2011 da Asociación Galega de Editores. Non moito despois de que a súa novela Extramunde, -que tamén está nomeada para os galardóns da Asociación de Escritores en Lingua Galega-, lograse o Xerais. A súa traxectoria literaria, unha das máis singulares dos creadores do país, viuse así, unha vez máis, recoñecida. E con el repasámola.

  • Ismael González revive os mozos do Rexurdimento nunha ópera con música de Mini e Mero

    Unha vez, Isaac Díaz Pardo animou a Mini e Mero a probar co xénero lírico. Comezaron, así, a traballar na zarzuela A casa que nunca tivemos, con textos de Marica Campo. Pero aquela obra, “epopeia de Galicia”, quedou inacabada, aínda que A Quenlla chegou a gravar un disco a partir dese proxecto. Desta volta, foi o cineasta e escritor Ismael González quen enleou a Mini e Mero, ademais de a un músico ucraíno, o profesor Xaxa, para compoñer nada máis e nada menos que unha ópera folk ambientada na mocidade dos pais do Rexurdimento.

  • “No agro as formas de protesta utilizaban o propio discurso do franquismo”

    O mito da Galicia leal ao franquismo revélase máis feble con cada unha das novas investigacións historiográficas que cuestionan a imaxe dos labregos como aliados do réxime. A comprensión da lóxica propia dos movementos sociais do agro foi un paso fundamental neste proceso, ao que a historiadora Araceli Freire achegou unha perspectiva non tan desenvolvida, que é o estudo do protagonismo feminino. O seu libro O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo gañou o premio Xohana Torres de Ensaio.

  • ”Hai unha vontade explícita de baleirar de contido o autogoberno e a cultura”

    Agustín Fernández Paz recolleu hai só uns días o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano por Non hai noite tan longa, e xa a está a traballar na que será a súa próxima novela. En pouco tempo chegará tamén ás librarías a súa obra As fronteiras do medo, só uns meses despois de publicarse Fantasmas de luz. Por algo é considerado un dos nosos escritores máis prolíficos, ademais dun dos máis recoñecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino.

  • “Tratáronnos coma a malditos que non sabiamos escribir"

    Xosé Vázquez Pintor ten varias feridas abertas. Unha delas, as críticas á xeración dos que María Victoria Moreno chamou os Novísimos. Outra, a desolación do mundo rural, e a deserción dos galegos da súa propia lingua e cultura. E sobre elas alicerzou, en boa medida, a súa obra poética. Tirando para adiante. Coa liberdade na boca. Espiral Maior reuniu nun só volume os seus oito poemarios, xunto a dous máis, ata entón inéditos. Corenta anos de creación. Que repasamos con el.

  • O teatro alternativo resiste na periferia da periferia

    Tras o peche da sala Nasa en Compostela, Galicia segue a estar, polo momento, nos circuítos estatais da expresión teatral contemporánea. E é grazas, principalmente, a Vigo. O Ensalle é, neste momento, a única iniciativa que se mantén en pé, nese concepto de sala con programación estable de creación alternativa. Tamén hai que falar de Teatro Arte Livre, ou A Artística, sen ser con exactitude o mesmo tipo de proxecto.