- Entrevista | María Armesto, directora artística
- Cultura
“Gustaríanos poder facer unha Mostra de Teatro de Cangas máis ampla, con máis días, e máis internacional”
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vén de ser recoñecida pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia co premio de Honra Marisa Soto
Doce paradas no festival Plataforma
A necesidade de procurar a calma no medio do ruído. A reivindicación das mulleres como suxeito da produción da linguaxe ou do coñecemento. A revisión da tradición. Os afectos, o coidado e a creación de comunidade. As escenas e os lugares que xa non están. Fíos invisibles coma estes uniron as distintas propostas da segunda edición do festival Plataforma, que volveu xuntar en Santiago performance, artes visuais, música e arquitectura
- Reportaxe
- Cultura
USCénica celebra a súa segunda edición cunha mostra da mellor arte escénica do momento
“En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura”, salientan desde o festival que está en marcha en diversos espazos de Compostela
- Entrevista | Pablo Reboleiro
- Cultura
"Parece que o circo é considerado unha arte menor. Arte é o teatro, a música, a danza…"
Malabares, clown, música e danza. Todo xunto nun espectáculo no que os malabaristas bailan e os músicos fan, tamén, de actores. Así é Orquestra de Malabares: pelotas e mazas que voan cando sobe a intensidade da música, malabares que fan como cine cómico, malabaristas que son pallasos, músicos que tamén proban algo de baile ou de clown… Ao tempo que seguen coa xira desta obra, Pistacatro presentaron tamén no Galicia Escena Pro o seu último espectáculo, DROP
- Entrevista | Paula Quintas
- Cultura
"O novo parece que dá vertixe, pero a vertixe é fundamental para que a sociedade evolucione"
O estudo do movemento corporal a través do encontro entre danza e circo. O circo contemporáneo desde o punto de vista da danza. O funambulismo desde unha perspectiva actual. Hai fíos que unen o traballo da bailarina, equilibrista, coreógrafa e pedagoga da danza Paula Quintas e percorren as súas pezas. Hai pouco levou Plastic ao encontro 6Coreógrafas, na Estrada, e Multiperspectivas a Escenas do Cambio. Un dos traballos que comparte coa tamén bailarina Marta Alonso, a peza para público familiar Nina Ninette, puido verse no Galicia Escena Pro
A resistencia, o soterrado, a intemperie e a imperfección: un percorrido polos filmes da sección Sinais do (S8)
A sección Sinais do festival (S8) proxecta este ano filmes de Alberto Gracia, Xacio Baño, Eloy Domínguez Serén, Sol Mussa, Marta Valverde e Helena Girón e Samuel Delgado, aos que dedica o seu foco especial. Os filmes destes cineastas amosan algunhas confluencias, como a aposta polos formatos non dixitais ou a reflexión sobre o subterráneo ou a falta de referentes de vidas precarizadas.
Xohana Torres e a subversión das “esencias” da nación
En moitos casos fíxose unha lectura do pensamento de Xohana Torres a través das opinións que as protagonistas presentan sobre a súa contorna. Maxa e a súa nai, de Adiós María, representan os últimos chanzos dunha longa cadea de mulleres que se enfrontan á soidade, a frustración e a vulnerabilidade. Achegámonos ao ensaio Xohana Torres: da viúva de vivo á muller navegante, de Ana Garrido
- Entrevista | Ana Vallés
- Cultura
“Precisamos algo que vaia máis alá do racional, sexa o espiritual, o fantástico, a beleza, o risco”
A nova montaxe de Matarile, ‘El diablo en la playa’, é un achegamento ao caos, á necesidade de atopar un camiño para non colapsar, do que falamos coa súa directora, Ana Vallés
- Reportaxe
- Cultura Pontevedra
CantáMola en galego: unha exposición para un fervedoiro de músicas actuais
“Laiármonos porque non hai cancións abondas en galego xa non está xustificado, é cousa do século pasado”. O crítico musical Pepe Cunha introduce con palabras coma estas a exposición 'CantáMOLA en galego, A canción en galego no século XXI', un percorrido polos últimos 20 anos de historia da música galega que dirixe xunto a Teresa Cuíñas e que pode verse ata finais de maio en Pontevedra, pero tamén en Spotify e YouTube
- Entrevista | Álex Sampayo
- Cultura
O pseudointelectual como vampiro enerxético: historia dunha alegoría
Guillerme é un intelectual. Un creador ben colocado. Un mal poeta que vive da aparencia, de embaucar persoas que proxectan nel os seus propios desexos de ser máis. Mais é, sobre todo, un auténtico vampiro emocional. Un ser narcisista disposto a chuchar a enerxía dos demais a cambio de nada. Falamos con Álex Sampayo sobre Un home con lentes de pasta, a nova montaxe de Redrum Teatro, que dirixe.
- Entrevista | Marta Alonso
- Cultura
"Todas as persoas estamos atravesadas pola danza"
Bailar Agora é facer, aquí e neste momento, o que sempre soñaras. Non agardar máis. É escoitar os demais e escoitarse a unha mesma. É deixar que o corpo se exprese. Que todo flúa. Todo isto é 'Bailar agora', a nova peza de Marta Alonso, a bailarina que representa un dos tres piares da compañía TrasPediante
- Entrevista | Sumrrá
- Cultura
“Temos absoluta liberdade para facer o que nos peta, sen prexuízos de estilos ou tradicións”
Sumrrá teñen novo disco, que é xa o sétimo tras máis de 20 anos de traxectoria. Chámase 7 visións e saíulles tan existencial como redondo. Tan plástico como fondo. Tan poético como heteroxéneo.