'Ferro e Pedra': dez bandas revisitan os clásicos galegos do rock e do metal

Imaxe do proxecto 'Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores' ©

Dende o pasado 17 de maio pódense escoitar na rede as cancións que compoñen o álbum 'Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores', un disco tributo no que dez bandas galegas actuais de rock e metal revisitan temas clásicos doutras tantas formacións do país

Dende o pasado 17 de maio pódense escoitar na rede as cancións que compoñen o álbum 'Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores', un disco tributo no que dez bandas galegas actuais de rock e metal revisitan temas clásicos doutras tantas formacións do país, nunha homenaxe a grupos que marcaron unha época en varias localidades do país.

O disco só se pode escoitar de momento en Youtube, pero os seus impulsores están a preparar xa o seu desembarco noutras plataformas dixitais, que precederá á súa edición física, que se lanzará no futuro e que incluirá a portada deseñada por Trönner Graphics.

As bandas que participan no proxecto son Aquelarre, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies, Dioivo, Mileth, Pneura, Schwarzenegger, Somos Nos, Xerión e Xhamain

As bandas que de momento participan no proxecto son Aquelarre, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies, Dioivo, Mileth, Pneura, Schwarzenegger, Somos Nos, Xerión e Xhamain

Estas formacións versionan temas de Desvirgheitors, Los Piratas, Mutant Squad, Épsilon, Nordés, Los Suaves, Consumatum Est, Mol, Detestor e Nowhere.

Entre as versións está "Unha de guerra", gravada polos vigueses Desvirgheitors en 1992 para formar parte do disco colectivo contra o servizo militar 'Deserción'

Entre as versións que forman parte do proxecto está "Unha de guerra", gravada polos vigueses Desvirgheitors en 1992 para formar parte do disco colectivo contra o servizo militar 'Deserción' e que no ano 1993 integrou o LP homónimo da mítica banda. Agora é Dioivo quen ofrece a súa actualización deste tema, relectura na que contan coa participación da baixista, fundadora e compositora de Desvirgheitors, Pili Dios.

 

Lista de temas

  • Mileth - O Palismocas (Nordés)
  • Aquelarre – Años 80 (Los Piratas)
  • Amenaza de Muerte – Overdose (Mutant Squad)
  • Barbarian Prophecies – Déixao (Épsilon)
  • Dioivo – Unha de Guerra (Desvirgheitors)
  •  Pneura – Esta vida me va a matar (Los Suaves)
  • Somos Nos – Mal can che fodera (Mol)
  • Schwarzenegger – Josemari (Consumatum Est)
  • Xerión – Necrofobia (Detestor) 
  • Xhamain – Endexamais (Nowhere)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.