Os lectores e lectoras da revista Fervenzas Literarias escolleron por décima ocasión as mellores obras, autores/as e acontecemento das letras galegas no ano que vén de rematar. Foron desta vez 420 votos, que sinalaron por exemplo A ferida do vento (Antón Riveiro Coello), Os fillos da fame (Ismael Ramos) e Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) como os mellores libros do ano en narrativa, poesía e ensaio.
Así mesmo, a celebración do Culturgal foi elixido como o mellor do ano e o pasamento de Agustín Fernández Paz como o peor. Diego Giráldez foi votado como autor do ano, destacando tamén Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Ledicia Costas), votado como mellor libro de literatura xuvenil e mellor capa de LIX. Igualmente, Praza Pública foi escollida como o mellor medio de comunicación galego por quinto ano consecutivo.
- Mellor libro de narrativa: A ferida do vento (Galaxia) Antón Riveiro Coello
- Mellor libro de poesía: Os fillos da fame (Xerais) Ismael Ramos
- Mellor libro de ensaio/investigación: Historia das historias de Galicia (Xerais) Isidro Dubert (ed.)
- Mellor libro de teatro: A filla de Woody Allen (Morgante) Santiago Cortegoso
- Mellor álbum de banda deseñada: Presas fáciles (El Patito) Migueanxo Prado
- Mellor libro traducido para público adulto: Festa no xardín (Rinoceronte) Katherine Mansfield. Estela Villar Nogueira (tradución)
- Mellor libro literatura xuvenil: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais) Ledicia Costas
- Mellor libro literatura infantil: Esmeraldina, a pequena defunta (Xerais) Ledicia Costas (texto). Víctor Rivas (ilustracións)
- Mellor libro traducido de LIX: Unha última carta (Kalandraka) Antonis Papatheodoulou (texto) Iris Samartzi (ilustración) Manuela Rodríguez (tradución)
- Autor/a do ano: Diego Giráldez
- Ilustrador/a do ano: Miguelanxo Prado
- Mellor capa de adultos: Galería de saldos (Xerais)
- Mellor capa de LIX: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais)
- Mellor editorial do ano: Galaxia
- Crítico/a literario: Armando Requeixo
- O mellor acontecido no 2016: Culturgal 2016
- O peor acontecido no 2016: O pasamento de Agustín Fernández Paz
- Mellor libraría: Libraría Couceiro (Santiago de Compostela)
- Mellor medio de comunicación: Praza Pública
-
Mellor blog/web literaria: Criticalia