GALERÍA | Castro Candaz: A cidade das sereas do encoro de Belesar

A falta de precipitacións deste inverno deixou ao descuberto Castro Candaz © Sara Torreiro

Castro Candaz é un espectaculo para os sentidos. O descenso ata o propio emprazamento está cheo de socalcos de vide, algúns producindo outros, din os letreiros, restaurados e outros abandonados. Na baixada, ao deixar atrás a aldea, comenzan a verse os que quedaron anegados polo encoro. Estruturas que contan cousas dun tempo pasado. Nun hórreo de pedra lese, escrito en spray "castro".

O descenso final ao castro é agreste. O soterramento baixo a auga deulle á pedra un ton diferente, con máis aspecto de ruina azteca que de castro galego. O descubrimento provocou que moitas persoas se achegasen a contemplar esta particular península. Un can deixa un rastro de zigzag na auga 

A subida de volta faise de vagar pola rotundidade da costa. Faise de noite. Poucas casas quedan habitadas. Entre xestas vese un lavadoiro abandonado. Unhas mulleres limpan un tanque de leite. Rufo, un pastor de palleiro mira á cámara con curiosidade. Elas din que a fin de semana foi un trafego continuo de xente pero que non é a vez que máis baixo estivo o encoro

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.