Alvarellos presenta El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945), unha versión en castelán dos seus Diarios -a primeira- pero que se amplía con preto de 200 páxinas inéditas escritas por Syra Alonso, grazas ao achado de novos e valiosos manuscritos por parte de Conrado J. Arranz Mínguez
O 2025 foi o inicio da recuperación da memoria da coruñesa Syra Alonso e do seu home, o pintor Francisco Miguel, asasinado polos franquistas. Alvarellos reeditou, de maneira ampliada, os Diarios escritos por Syra Alonso en 1938 e 1945, nos que relata o sufrimento vivido no verán de 1936. A obra, publicada inicialmente por A Nosa Terra no ano 2000, foi enriquecida nesta coidada edición cunha introdución a cargo de Carme Vidal e un epílogo do profesor mexicano Conrado J. Arranz, que estaba a investigar os textos escritos por Alonso, exiliada en México dende 1945.
Agora Alvarellos presenta El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945), unha versión en castelán deses Diarios -a primeira- pero que se amplía con preto de 200 páxinas inéditas escritas por Syra Alonso, grazas ao achado de novos e valiosos manuscritor por parte de Conrado J. Arranz Mínguez, a cargo da edición da obra.
Destaca o capítulo Memoria da Coruña no que Syra narra a súa infancia e mocidade, conta como coñeceu a Francisco Miguel e relata as súas viaxes xuntos a París ou Madrid, ata a época na que viviron en México entre 1927 e 1933
Estamos, como xa sucedía cos Diarios, ante unha das crónicas más impactantes da brutal represión exercida polos sublevados durante a Guerra civil. Nela, Syra Alonso describe a súa dor, documenta o contexto histórido e reconstrúe un trauma colectivo e todo cunha enorme calidade literaria.
Entre as 200 páxinas inéditas atopadas por Arranz Mínguez, destaca o capítulo titulado Memoria da Coruña onde Syra narra a súa infancia e mocidade na súa cidade natal, conta como coñeceu a Francisco Miguel, e relata as súas viaxes xuntos nos anos 20 a París ou Madrid, ata a época na que viviron en México entre 1927 e 1933.
Estamos, como xa sucedía cos Diarios, ante unha das crónicas más impactantes da brutal represión exercida polos sublevados durante a Guerra civil. Nela, Syra Alonso describe a súa dor, documenta o contexto histórido e reconstrúe un trauma colectivo e todo cunha enorme calidade literaria.
Syra Alonso iniciou a escrita destas Memorias en Galicia en 1937 e, aínda que concluíu o fundamental en México en 1945, durante toda a súa vida continuou reelaborando os manuscritos "como un proxecto de vida, de resistencia persoal e de anhelo de transmisión cara o futuro", destaca a editorial. Ata agora, a figura de Syra Alonso permanecía silenciada e ignorada fóra de Galicia, o mesmo que a súa loita desesperada para tentar salvar a vida do seu home.
A obra presentarase ao público na Feria del Libro de Madrid o 14 de xuño. Viaxará dende México Conrado Arranz, que tamén terá dous actos arredor de Syra Alonso en Barcelona e Vigo.