As gañadoras e gañadores das 13 categorías daranse a coñecer o 26 de abril nunha gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago
Os premios Follas Novas do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, deron a coñecer este martes as obras e autoras/es finalistas da súa décima edición, un total de 70, que representan o máis destacado do libro galego durante o pasado ano.
As gañadoras e gañadores das 13 categorías dos galardóns daranse a coñecer o vindeiro 26 de abril nunha Gala do Libro Galego que, como xa é tradición, terá lugar no Teatro Principal de Santiago. O certame, que homenaxea a creación literaria en lingua galega, volve destacar "o talento e a calidade das obras presentadas nesta edición".
Os premios Follas Novas, que chegan á súa décima edición, están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia
As finalistas desta edición son o resultado dun proceso de selección de tres fases, que supón unha lectura e valoración da produción editorial galega. O proceso ten unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que selecciona un cento de títulos publicados entre decembro de 2023 e novembro de 2024.
A segunda fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría. A terceira é a escolla final do gañador ou gañadora en cada categoría.
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
- A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
- Abril é un país. Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.
- Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960). Xosé M. Nuñez Seixas. Editorial Galaxia.
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
- As benfaladas. María Xosé Porteiro. Editorial Galaxia.
- As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. Emma Pedreira. Baía Edicións.
- Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela). Montse Fajardo. Edicións Positivas.
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
- A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais de Galicia.
- O incendio. Sara Vila Alonso. Edicións Xerais de Galicia.
- Runrún. Ana Varela. Editorial Galaxia.
PREMIO Á OBRA INFANTIL
- Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira. Oqueleo.
- Axencia Galega de Asuntos Máxicos. Miguel Ángel Alonso Diz. Edicións Xerais de Galicia.
- Como escorrentar un lobo. Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.
PREMIO Á OBRA XUVENIL
- Cartas na escuridade. Lois Pérez. Cuarto de Inverno.
- Nave. Olaia Sendón. Edicións Xerais de Galicia.
- Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
- Luísa Villalta. Alma de violino. Laura Suárez (ilust.), Beatriz Maceda e Eli Ríos. Edicións Xerais de Galicia.
- Papóns. Sandra Lodi. Editorial Galaxia.
- Sete dentes de león. David Sierra (ilust.) e Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
- Memorias dun neno labrego (novela gráfica). Iria Aldegunde (baseada no texto de Neira Vilas). Editorial Galaxia.
- Miquits visita a casa da avoa. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire. Antela Editorial.
- Presas fáciles. Voitres. Miguelanxo Prado. Retranca Editora.
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
- Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. VV.AA.Tempo Galiza Editora.
- Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira.Kalandraka Editora.
- Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín. Xosé Luís Méndez Ferrín, ed. Anxo Angueira. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
- Cartas desde a cadea, de Rosa Luxemburg. Almudena Otero. Edicións Laiovento.
- Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, de Alice Oseman. Nee Barros. Edicións Xerais de Galicia.
- Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim. Celia Recarey. Irmás Cartoné.
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
- Os pozos elegantes das clavículas. María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.
- Papaventos abismados. Marta Dacosta. Apiario.
- Para non concretarme. Tamara Andrés. Edicións Positivas.
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
- Fóra de campo. Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.
- Iribarne. Esther Carrodeguas. Edicións Positivas.
- Ubasute. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
- Canta contos de Nadal. VV. AA. Triqueta Verde.
- O libro das abellas. VV. AA. Apiario.
- Papagaio. Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
- Culturgal
- Libraría Cartabón Vigo
- Libraría Nobel Ourense