Os Premios Follas Novas do Libro Galego estrean denominación e anuncian finalistas no ano máis difícil para o sector

Foto de familia dos gañadores e gañadoras da edición do ano 2019, celebrada no Teatro Principal de Santiago © Premios Follas Novas do Libro Galego

"Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundo dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos"

Os Premios do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia mudan o seu nome, pasando a denominarse Premios Follas Novas, en homenaxe a Rosalía de Castro. Os galardóns, que chegan á súa sexta edición, anunciaron este venres os seus e as súas finalistas nas súas 13 categorías, o máis destacado da literatura e da edición galega no 2020, un ano "especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro".

"Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundo dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos", subliñan os colectivos organizadores. 

Premios Follas Novas do Libro Galego están organizados pola AELG, a FLG e a AGE © Premios Follas Novas do Libro Galego

Os galardóns entregaranse o vindeiro 15 de maio no Teatro Principal de Santiago

Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son os gañadores en cada unha das categorías. Os galardóns entregaranse o vindeiro 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta gala será transmitida a través da rede e, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible.

Listado de finalistas


Ensaio 
Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco 
Zona a defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas 
Nós xsinadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ na Galiza (AtravésEditora), Vv. Aa. Daniel Amarelo (coord.). 

Divulgación 
Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), Henrique Alvarellos 
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño 
Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana de Libros), Pancho Lapeña e Nacho 
Munilla 
  
Narrativa 
Entre donas (Baía Edicións), varias autoras 
Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro 
Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda 
 
Infantil 
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas 
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas 
Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro 
 
Xuvenil 
O mal querer  (Baía Edicións), Natalia Carou 
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas 
A nena dovestido de Flores (Aira Editorial), Manuel Fontemoura 
 
Ilustrado 
Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.) 
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.) 
Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.) 
 
Banda deseñada 
Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e Xosé Tomas 
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado 
Corona-Bíos (Demo Editorial) Manel Cráneo 
 
Iniciativa bibliográfica 
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia)- Eva Mejuto e Bea Gregores 
Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Edicións do Cerne), Domingo Fontán 
Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel A. Seixas Seoane 
 
Tradución 
Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por MiroVillar. 
A nosa negra (Hugin e Munin), Harriet E.Wilson, traducido por María Reimóndez 
Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez. 
 
Poesía 
Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado 
A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní 
A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de MartínVeiga 
 
Teatro 
Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans 
O charco de Ulises (Edicións Positivas-Xunta de Galicia), Santiago Cortegoso 
Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa 
 
Libro mellor editado 
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas 
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas 
O bolero deRavel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico Delicado (ilus.) 
 
Fomento da lectura 
Poetas Di(n)versos 
Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra 
Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz 
 
Proxecto literario na Rede 
O bosque dos cromosomas, de Olga Novo 
Galicia encantada, coordinador Antonio Reigosa 
Nee Barros. Canle de Youtube de promoción de libros en galego 
 
Xornalismo cultural 
Montse Dopico 
Ramón Nicolás 
Ramón Rozas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.