Literatura, música, arte e moita festa neste agosto na Coruña

Xoel López © Xoel.com

O pregón do ex-baloncestista coruñés Fernando Romay e o concerto posterior doutro veciño da cidade, Xoel López, dá este martes inicio ás festas de María Pita na Coruña, onde abren tamén neste día as casetas da feira do libro. Un mes de troula na que se mesturan literatura, música ou exposicións artísticas. 

Xoel López inicia unha serie de concertos gratuítos en María Pita nos que actuarán Sés, Rosa Cedrón ou Miguel Bosé

Malia que o comezo oficial dos festexos será ás 21.15 a cargo do medallista olímpico en Los Ángeles 1984, xa ao mediodía quedou aberta a XLVI Feira do Libro, que ocupará os xardíns de Méndez Núñez até o vindeiro día 10. Ás 22.30, despois do pregón, Xoel López iniciará unha serie de concertos de balde que durante os vindeiros días terán lugar na praza de María Pita. Este martes o artista coruñés, o mércores Sés e nos vindeiros días Rosa Cedrón, Jarabe de Palo, Macaco ou Miguel Bosé

A música será un dos pratos fortes do mes de agosto, sobre todo coa chegada o día 8 e ata o 13 do Festival Noroeste, con máis dun cento de grupos en diferentes espazos da cidade e con artistas como Kaiser Chiefs, Iván Ferreiro, The Jesus and Mary Chain ou Surfin' Bichos, entre moitos outros. Quince escenarios diferentes, variados estilos e o punto final da man de Eladio y los Seres Queridos no Paseo das Pontes. 

O Festival Noroeste ou o certame Viñetas desde o Atlántico son outros dos pratos fortes dos festexos

Un día antes do Noroeste empezará outro clásico das festas coruñesas: o certa de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. É a 20ª edición con exposicións n'A Fundación, o Quiosco Alfonso, o palacio de María Pita ou a Torre de Hércules. Ao tempo, a Feira de Artesanía Mostrart co máis de 50 talleres de artesáns galegos até o día 29. 

Ademais, concertos da Orquestra Sinfónica ou da Banda Municipal, festas e verbenas en diferentes barrios, a Batalla Naval do 14 de agosto, o Trofeo Teresa Herrera de fútbol e o peche das festas, coa tradicional Romaría de Santa Margarida, o domingo 27 de agosto. 

© Concello da Coruña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.