Pouco antes de rematar o ano Franc3s publicaron o seu segundo álbum, Campanas de fuego rosa. Máis ruido, máis distorsións, máis referentes e fetiches coñecidos. E letras e ambientes que sendo semellantes aos dun Macclesfield calquera son naturais e perfectamente coherentes coas invernías do Bergantiños ou Terra Cha natais do trío. Un disco de homenaxe para o falecido Alberto Gende e un disco máis maduro, coa produción de Rodrigo Caamaño (TAB) pero sen as destacadas colaboracións do seu álbum de debut. Franc3s voan en solitario.
"No primeiro disco asomámos a cabeza nese mundo, e con este entramos os tres de cheo"
Dá a impresión de que cada vez estades máis cómodos gravando e tocando. Credes que se nota neste disco?
Sí. As primeiras maquetas e os primeiros concertos eran pasos cara a un mundo que queriamos inventar. No primeiro disco asomámos a cabeza nese mundo, e con este entramos os tres de cheo. Pode que ás veces camiñaramos en círculos pero agora mesmo imos hacia diante sen saber moi ben por que nin cara a onde, pero sen mirar atrás.
Por que o titulo?
Simplemente é o efecto que produce en nós o sonido do disco
"Coñecer a Alberto Gende foi o mellor que nos pasou desde que montamos o grupo"
A gran dedicatoria deste disco é para Alberto Gende, non si?
Sí. Coñecer a Alberto Gende foi o mellor que nos pasou desde que montamos o grupo. Porque é toda unha honra para nós que un artista con tanto talento se ocupara de toda a dirección artística do grupo, pero sobre todo o é que se convertera no noso mellor amigo, e nos ensinara tantas cousas tanto da arte como da vide. Sempre estaremos agradecidos por iso.
Está todo inventado na música? É todo recuperar, transformar e reinventar? Ou hai camiños novos por explorar?
Para nós a música non é perfección, así que nos parece unha idiotez perfeccionar cousas que xa se fixeran. A nós sempre nos interesaron os artistas que inventan o seu propio camiño, os que descubren unha nova realidade, coma se fosen unha especie de videntes.
Se nacérades nun lugar distinto a Carballo ou Vilalba. Por exemplo, Albacete ou Granada, a vosa música soaría distinta?
Si nacéramos en Albacete ou Granada emigraríamos a Galicia.
"Si nacéramos en Albacete ou Granada emigraríamos a Galicia"
Xa ides tendo unha experiencia, unha historia detrás. Contade algunha anécdota do comezo, dos 'tempos heroicos', que diría Julio Ruiz
Unha vez chamáronnos para ir a tocar nun festival europeo que se organizaba no museo da electricidade de Lisboa, e ao probar son dixeron que non podiamos tocar porque o noso volumen podería danar unhas tuberías antigas, así que nos pagaron, convidáronnos a cear e voltamos para casa.
A que canción lle tedes ganas para facer unha versión?
Ata o de agora fixemos dúas únicamente: Eres de Massiel, e Isolation de Joy Division, así que a terceira pode ser unha que estea entre esas dúas como No te aferres da Pantoja.
Que estades escoitando ultimamente?
A última vez que estivemos na casa de David e Carmen de Limbo Starr regaláronnos todo o seu catálogo, así que con el estamos. Aparte diso o último disco que máis escoitamos foi o The Seer de Swans.
Ultimamente estivestes rodeados do mellorciño do indie para gravar. Dá respecto ou tranquiliza?
Se te refires a Rodrigo Caamaño de Triángulo de Amor Bizarro, non so é do mellorciño do indie senon que tamén é do mellorciño como amigo, e iso é moito máis importante, porque a verdade e que del solo recibimos apoio a ánimo sempre.
No fondo sodes tan escuros coma as vosas cancións?
Tampouco solemos falar de emocións persoais. Realmente aféctanos moito máis a música que creamos nas nosas vidas, do que as nosas vidas lle afectan á música que creamos.
"Aféctanos moito máis a música que creamos nas nosas vidas, do que as nosas vidas lle afectan á música que creamos"
Quen seria un bo Anthony Perkins español?
Mariano Rajoy seria un bo Anthony Perkins
E un John Waters moderno?
John Waters xa é absolutamente moderno
Quen formaria unha boa Familia Monster?
John Waters e Mariano Rajoy.
Que datas de concertos tedes proximamente? Algun festival no verán?
O día 1 de febreiro imos a Albacete, o 2 a Valencia, o 22 voltamos a Coruña, e despois temos confirmado o Festival Contempopránea e algún más que aínda non se pode dicir.