Algúns dos indicios apuntan a tipos de sitios ben reconocibles, por exemplo varias ducias de novas mámoas ou mesmo uns 20 novos castros
O CSIC, a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) localizou nas contornas de castros existentes na provincia da Coruña 180 posibles sitios arqueolóxicos aínda non catalogados. Fíxoo a través de modernas técnicas, como a teledetección, e notificou os seus achados aos servizos de Arqueoloxía de Xunta co obxectivo de que poidan ser revisados polo seu persoal técnico de cara á súa eventual inclusión no inventario arqueolóxico.
Algúns dos indicios apuntan a tipos de sitios ben reconocibles, por exemplo varias ducias de novas mámoas ou mesmo uns 20 novos castros. Outros son trazas máis dubidosas, que poden ser ou non sitios arqueolóxicos reais, e que requirirían dun traballo de confirmación sobre o terreo.
O obxectivo principal é pescudar que facían os habitantes dos castros fóra dos límites das murallas e que tipo de restos arqueolóxicos da época poden existir no seu exterior
O proxecto HINTERLAND. Recoñecendo a actividade humana fose dos castros da Idade de Hierro do Noroeste ibérico, no que participan investigadores das universidades de Durham, Exeter, Politécnica de Madrid e Instituto de Arqueoloxía de Mérida, comezou en xaneiro de 2022 e rematará a finais deste ano e conta con César Parcero Oubiña e David González Álvarez como investigadores principais. O seu obxectivo principal é pescudar que facían os habitantes dos castros fóra dos límites das murallas e que tipo de restos arqueolóxicos da época poden existir no seu exterior.
O proxecto emprega un amplo conxunto de metodoloxías e ferramentas, cun papel destacado para os métodos non invasivos de prospección e análise do territorio
O proxecto emprega un amplo conxunto de metodoloxías e ferramentas, cun papel destacado para os métodos non invasivos de prospección e análise do territorio: fotointerpretación de imaxe aérea RGB, procesado de imaxe aérea multiespectral, LiDAR, prospección geofísica, prospección e sondaxes arqueolóxicas convencionais... Sempre buscando "identificar adecuadamente as evidencias de actividade humana conservadas debaixo da paisaxe actualmente visible".
O obxectivo é "identificar as evidencias de actividade humana conservadas debaixo da paisaxe actualmente visible"
En primeiro lugar proponse "identificar e documentar trazas de actividade humana fóra dos límites visibles dos castros" e, a partir de aí, "analizar e entender a orixe e sentido destas trazas, combinando para iso as perspectivas da arqueoloxía e das ciencias da terra e o paleoambiente, de forma que poidamos comprender a coevolución de comunidades humanas e ambiente nun período tan esencial na formación da paisaxe actual como foi a Idade de Ferro".
O CSIC apunta "ao interese que podería ter seguir potenciando o emprego destas técnicas non invasivas como unha forma complementaria de mellorar o coñecemento do rico patrimonio arqueolóxico de Galicia"
Nos próximos meses o equipo do CSIC realizará traballos de campo nalgúns destes sitios para tentar acadar máis información que axude a entender mellor a que poden corresponder algunhas destas evidencias. Ademais diso, os investigadores do CSIC apuntan "ao interese que podería ter no futuro seguir potenciando o emprego destas técnicas non invasivas como unha forma complementaria de mellorar o coñecemento do rico patrimonio arqueolóxico de Galicia".