Despois dun ano moi difícil para o Festival de Cinema de Ourense, no que durante meses estivo no aire a súa celebración (en maio chegou a suspenderse o concurso), a súa organización vai avanzando. A pesar do axustado dos prazos, un total de 128 filmes presentáronse a concurso para poder participar na sección oficial do festival, unica sección nesta ocasión (fronte ás cinco do pasado ano). O festival celebrarase entre o 2 e o 11 de novembro.
A representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas
Hai traballos de 41 países, sobre todo procedentes de Europa, e entre eles a representación do audiovisual galego se reduce a catro pezas. España é a principal orixe dos traballos recibidos, con 25 propostas, seguido de México (13), Alemaña (6) e un grupo de países americanos (Arxentina, Brasil, Canadá e Estados Unidos), con 4.