A nova montaxe do Galiverso da Cidade da Cultura, Galiverso dos Museos, permite entrar nunha versión virtual dos once museos xestionados pola Xunta e desde este escenario virtual observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas que conservan
Queres mergullarte na paisaxe pintada por Urbano Lugrís no cadro Marina Surrealista, que se exhibe no Museo de Belas Artes da Coruña? Ou entrar nas pallozas do Conxunto Etnográfico do Cebreiro sen moverte do sitio? Ou tocar o astrolabio máis antigo atopado nas costas de Galicia, que conserva o Museo do Mar en Vigo? A nova montaxe do Galiverso da Cidade da Cultura, Galiverso dos Museos, permite entrar nunha versión virtual dos once museos xestionados pola Xunta e desde este escenario virtual observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas que conservan.
Ao colocar as lentes de realidade virtual, desprégase un mapa onde aparecen localizados os once centros: Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC, Museo do viño de Galicia, Museo Pedagóxico de Galicia, Conxunto Etnográfico do Cebreiro, Museo do Castro de Viladonga, Museo Massó, Museo do Mar de Galicia, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e Museo das Peregrinación e de Santiago.
Entre outras pezas, pódese interactuar coa escultura do cabaleiro de Beade (século XVII) do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, co torques do Castro de Viladonga ou coa paisaxe pintada por Urbano Lugrís no cadro Marina Surrealista, que se exhibe no Museo de Belas Artes da Coruña
Entre outras pezas, pódese interactuar coa escultura do cabaleiro de Beade (século XVII) do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ou co torques do Castro de Viladonga.
Como novidade, o Galiverso dos Museos incorpora a característica da “persistencia” no mundo virtual, de maneira que cada obxecto ficará no mesmo lugar e posición no que o deixou o visitante anterior. Grazas a isto é tamén posible deixar a pegada, literalmente, nun gran mural dentro do Galiverso, "do mesmo xeito que facían os nosos devanceiros nas covas coa arte rupestre", explican os responsables da montaxe.
Trátase da quinta montaxe do Galiverso no Museo Centro Gaiás, un proxecto que une arte e tecnoloxía para construír experiencias educativas e de ocio singulares coas que descubrir o patrimonio galego, e que visitaron xa máis de 18.000 persoas
Trátase da quinta montaxe do Galiverso no Museo Centro Gaiás, un proxecto que une arte e tecnoloxía para construír experiencias educativas e de ocio singulares coas que descubrir o patrimonio galego, e que visitaron xa máis de 18.000 persoas.
Para entrar no Galiverso é necesario ter como mínimo 8 anos de idade —as nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar acompañadas/os durante a experiencia dunha persoa adulta responsable— e reservar praza, de balde, no Museo Centro Gaiás ou a través de Ataquilla. A sala do Galiverso está aberta na Cidade da Cultura de martes a venres en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso péchase media hora antes (14.00h pola mañá e 19.30h pola tarde). Cada sesión ten unha duración aproximada de 25 minutos