O Ministerio de Cultura deixa Cans, S8 e Curtocircuito sen axudas

Así estaba o Torreiro de Cans na edición do pasado ano © Manuel Piñeiro

O Ministerio de Cultura vén de retiralle a axuda económica á organización do Festival de Cans, o Curtocircuito compostelán, a Gala dos Premios Mestre Mateo e a Mostra de Cine Periférico da Coruña (S8). Cans e Curtocircuito pasan de recibir dez mil euros na convocatoria de 2011 a non recibir nada na deste ano.

A achega do ICAA ao festival porriñés supoñía o 12% do orzamento e a súa eliminación é "un duro golpe á liquidez do festival" e complica a organización do décimo aniversario a espera de concretar o apoio de Agadic. O Festival de Cans está agardando desde hai máis dun mes unha resposta da Axencia Galega das Industrias Culturais para manter unha reunión na que abordar o apoio económico desta entidade á decima edición. Polo festival, convertido nun referente para o audiovisual galego, este ano pasaron 11.000 persoas.

A resolución do Ministerio de Cultura, publicada este martes, concede 5 mil euros ao Play-Doc de Tui, fronte aos 10 mil que recibiu este ano. E deixa sen apoio a Cans, o Curtocircuito compostelán, a Gala dos Premios Mestre Mateo e a Mostra de Cine Periférico da Coruña (S8) por non chegar "á puntuación minima esixida".

Así estaba o Torreiro de Cans na edición do pasado ano © Manuel Piñeiro

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.