Hai dous anos Mequetrefe entregáronos Play Off, un álbum denso, con moitas guitarras, distorsións e psicodelia. Foi o punto de chegada a un camiño longo, coma o de todas as bandas cando comezan, que tivera fitos, coma as maquetas que gravou para o netlabel Alg-a, as semifinais do Proyecto Demo de Radio3 e sobre todo a vitoria no concurso de maquetas organizado polo Festival Foc and Sound de Moncofa (Castellón), que tia como premio a gravación do disco. Agora chega o segundo, a oportunidade para Mequetrefe para consolidarse, despois do éxito de crítica do seu primeiro traballo, e algúns obstáculos, coma problemas coa discográfica ou un fallido concerto con Peter Hook. Falamos con Xan Molina, voz e guitarra da banda.
Como é Gobi? Como evolucionou o grupo dende o primeiro album?
Pois Gobi é a continuación natural de Play Off, e decir, seguimos facendo cancións nas que intentamos aportar algo novo metendo elementos de sicodelia, shoegaze, electrónica, música de bandas sonoras, pop e incluso algún ramalazo trash-metal. Todos estos elementos estamos intentando que encaixen ben, porque ao final o que temos que conseguir é facer boas cancións con todo isto e non só facer exercicios de estilo. Eso si, haberá algún elemento novo con respecto a Play Off en canto a tratamento de voces, arranxos, estrutura dos temas ou novos efectos. Pero a novedade máis importante é que estamos traballando para que sexa un disco cuádruple ou 4 versións do disco, é decir, haberá un disco Gobi, Galician Gobi, Echo-Reverb Gobi e Psychedelic Gobi. Intentaremos sacar os catro ao mesmo tempo, e se non nos dá tempo de aquí a despois do verán pois irémolos sacando progresivamente. Fainos especial ilusión o Galician Gobi, xa que será cantado integramente en galego e temos unhas gañas tremendas de acabalo, pero aínda nos queda moítisimo traballo por diante.
"Estamos traballando para que sexa un disco cuádruple ou 4 versións do disco, é decir, haberá un disco Gobi, Galician Gobi, Echo-Reverb Gobi e Psychedelic Gobi"
Que máis proxectos tedes para este ano?
Para este ano non temos ningún proxecto máis, xa que a grabación, mezcla e producción de Gobi nos está levando moito tempo. Eso si, en canto acabemos empezaremos a dar algún concerto
Dende logo un single de dez minutos non soará nos 40. Hai que rachar os esquemas da industria: albumes de doce cancions, cancions de catro minutos, retrousos...?
Un single noso de dez minutos non soará nos 40, pero tampouco creo que soe en ningunha outra radio, por desgracia. O noso segundo single vai durar 3 minutos e supoño que soará en 2 ou 3 radios como moito. O problema na industria neste pais non son os 40, porque iso non é música, é outra cousa. O problema realmente está nos medios de comunicación e discográficas que dende hai anos se chaman indies, alternativos ou incluso underground e que dende logo son de todo menos iso. Dende hai uns anos e sobre todo hoxe en día está habendo un conservadurismo brutal a todos os niveis, hai unha serie de clixés indies que se repiten unha e outra vez e onde a creatividade e a orixinalidade están totalmente infravaloradas, o que se valora é imitar ben as referencias de músicos inglese e americanos de hai 20 ou 30 anos, é decir, está moi ben se fas música que era underground noutros tempos pero como intentes sairte dos cánones do underground clásico non tes nada que facer e estarás na indiferencia máis absoluta. De feito nos últimos 50 anos en Galicia e España non houbo nin un só grupo, nin discográfica nin corrente musical que estivera á vangarda mundial nin que achegase absolutamente nada á música moderna, por algo será.
"Nos últimos 50 anos en Galicia e España non houbo nin un só grupo, nin discográfica nin corrente musical que achegase absolutamente nada á música moderna, por algo será"
Sentides que vos valoran máis do Cebreiro para fóra (blogs e páxinas especializadas de todo o mundo falaron de vós) que en Galicia?
Desde logo, en Galicia quitando un par de excepcións non se nos fai ningún caso. A nosa música gusta moi pouco aquí, hai que aceptalo. Somos un grupo inexistente para os organizadores de festivais, para os periodistas que moven o cotarro e para case toda a xente do underground galego. Tamén somos un dos poucos grupos que somos algo críticos co panorama musical galego e somos de todo menos pelotas e trepas -e iso a moita xente non lle gusta-, nin pertencemos a ningunha pandilla indie, nin shoegaze, nin bizarra nin nada, e está claro que cando vas un pouco por libre todo é máis difícil. Porén, por aí fóra si que se nos aprecia como un grupo que está aportando cousas e si que se nos valora, o problema é que non temos medios para seguir promocionándonos (sen mánager, sen discográfica), ainda así o disco Play Off foi reseñado na mítica revista Impose Magazine de New York, (o único grupo español xunto con Delorean) e o blog Shoegazer Alive acaba de incluirrnos no seu novo recopilatorio xunto con grupos como Real Estate, Sigur Ros ou Lush.
"Somos un grupo inexistente para os organizadores de festivais, para os periodistas que moven o cotarro e para case toda a xente do underground galego"
Cal é a rutina dunha banda coma vós? Con 18 anos imaxinabades que o rock era isto?
Bueno, a nosa rutina é enasiar e xuntarnos de vez en cando para gravar cousas. Desde logo con 18 anos non te imaxinas que o rock é así. Unha vez que ves como funciona a industria da música por dentro a verdade é que a decepción é tremenda porque da bastante noxo.
Cal é o último disco ou grupo que vos deixou coa boca aberta?
En disco, dende logo, Real Estate, o disco Days é unha auténtica maravilla. E en directo o concerto que deu Teams en Santiago foi aconlloante.
"Dende hai anos a música rock quedou moi atrás en canto a innovación se refire e é a música máis conservadora que hai"
Por que hai que matar os indies?
Para empezar hai que deixar de utilizar a palabra indie, porque hoxe en dia está totalmnente manipulada por medios, discográficas, grupos, etc, e xa non significa absolutamente nada e dende logo hai que cambiar de referentes, plaxiar á Velvet Underground, Sonic Youth, Jesus and Mary Chain, Joy Division, Yo la tengo, Spacemen 3 debería estar xa prohibido, é unha música moi antiga e xa cheira un pouco. Dende logo hoxe en día seguir esa senda é de todo menos creativo, innovador ou alternativo, por iso desde hai anos a música rock quedou moi atrás en canto a innovación se refire e é a música máis conservadora que hai. Hai que tomar exemplo da música electrónica, que é a única que segue evolucinando un pouco e aportando novos sons.
A que grupo telonearíades se vos desen a escoller?
A Flaming Lips, My Bloody Valentine ou The Sabres of Paradise, por exemplo
E se vos ofrecen telonear a Peter Hook que dicides?
Se alguen nos ofrece telonear a Peter Hook..., pois mandarémolo a merda, por suposto.