O San Froilán busca as sús mellores 'olladas'

Baile tradicional no San Froilán © SanFroilán2016

"Difundir as festas a través da fotografía e do vídeo de libre creación que acheguen as particulares miradas das persoas participantes". Ese é o obxectivo do concurso Olladas do San Froilán, impulsado polo Concello de Lugo, que busca o peculiar punto de vista dunhas celebracións en aspectos tan diferentes como a súa vertente gastronómica, artística e cultural, a mestura de culturas, o seu aspecto máis tradicional e mesmo a forma na que se vive fóra este importante evento.

O concurso de fotografía e vídeo busca "as particulares miradas das persoas participantes" no San Froilán

Aberto a todos os públicos, cada un dos participantes pode presentar desde o pasado día 30 de setembro e ata o vindeiro día 13 un máximo de tres fotografías.  Logo, o Concello seleccionará un xurado para cada categoría formado por tres persoas expertas e elixirá sete imaxes e sete vídeos que serán exhibidas nas redes sociais oficiais do San Froilán 2016. 

A partir de aí, e desde as 10 horas do 18 de outubro ata as 10 horas do 21 de outubro, os interesados poderán votar pola súa favorita no Facebook do San Froilán. As obras que máis votos reciban resultarán as gañadoras do certame, cuxos primeiros premios valen por importe de 750 euros para material fotográfico. O segundo premio é de 600 euros e o terceiro, de 450. 

Baile tradicional no San Froilán © SanFroilán2016

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.