Compostela acolle este sábado a gala de entrega dos Premios Follas Novas, que recoñecen o mellor da literatura galega do pasado ano. Os galardóns, organizados de xeito conxunto pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, celebra a súa segunda edición con esta denominación, despois dunha primeira entrega, no 2021, marcada aínda polas restricións impostas pola pandemia de COVID. Ademais, ampliouse o proceso de selección "para seren máis representativos da amplitude, variedade e riqueza da literatura e da produción editorial e libreira do país".
A gala celebrarase no Teatro Principal a partir das 19 horas e será emitida por YouTube en directo
A gala celebrarase no Teatro Principal a partir das 19 horas e será emitida por YouTube en directo. O evento recuperará o seu carácter presencial despois de dous anos de pandemia e volverá reunir a unha grande parte do sector literario, editorial e libreiro de Galicia. Conta co patrocinio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO. A gala será presentada polo dúo Aldaolado, formado polas poetas María Lado e Lucía Aldao, coa participación do grupo Peña.
Henrique Alvarellos: “o libro galego é todo un resistente. E estes Premios celebran esa resistencia. Temos un sistema literario que pode presumir de ter en activo máis de 20 Premios Nacionais, e en todos os xéneros. Esta é a nosa forza”
Na presentacións dos galardóns, este mércores, o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, destacou que “os premios consolídanse cada ano e nesta edición ampliamos o proceso de escolla dos premios engadindo unha fase máis no proceso de debate e selección". Para o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, “a fortaleza dos premios Follas Novas é ser un proxecto común de todas asociacións vencelladas ao libro de Galicia”.
Finalmente, Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, subliñou que “o libro galego é todo un resistente. E estes Premios celebran esa resistencia. Temos un sistema literario que pode presumir de ter en activo máis de 20 Premios Nacionais, e en todos os xéneros. Esta é a nosa forza.”
Premios Honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición son para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral
Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición son para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüista e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a “longa noite de pedra” do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades.
Mercedes Corbillón, responsable da Librería Cronopios, é a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia. Segundo Ramón Domínguez, a escolla de Mercedes Corbillón como premiada débese a que "representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le".
A AELG designa todos os anos un escritor ou escritora galega universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luísa Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo como as poéticas comparadas, o feminismo e os estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta “Amaral é a poeta que contraria a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza”.
Categorías e finalistas
Ensaio e investigación
Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)
Divulgación
H2... Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)Pandemias.
As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)
Narrativa
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)
Infantil
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
Xuvenil
A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Ourensana)
Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)
Banda deseñada, gráfico e humor
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)
Iniciativa bibliográfica
Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)
Obra traducida
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)
Poesía
Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)
Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)
Libro mellor editado
A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
Proxecto literario na rede
A que cheira, papá?
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérez
Xornalismo cultural
Belén Regueira
Pilar García Rego
Susana Pedreira