Resentidos estamos todos (e todas)!

Dominio Público Praza Pública

Unha iniciativa en Facebook permite ser protagonista dun vídeo dos Resentidos, que se poderá ver no concerto de regreso da formación, que terá lugar o 12 maio en Ourense. Abonda con facer unha foto termando dunha das frases de Galicia Caníbal (fai un sol de caralloo, para completar a canción. O prazo para participar remata este mércores 28 e as imaxes xa se poden votar aquí.

As mellores imaxes (só unha por verso) comporán ese video musical no que se poderá ler a letra da canción nas mans dos seguidores do grupo. Entre os participantes, polo de agora hai moitas bandas e artistas, como Roberto Sobrado (Usa gafas de sol), Marcos Paino (Haiche moito ye-ye), Festicultores troupe (Filloas de Sangue), Roi de Mato Grosso (Moi mal organizado), Pulpiño Viascón (De carallo), Ataque Escampe (Etiopía ten fame), Luis Tosar e Piti Sanz (Un magosto para agosto), Novedades Carminha (O conxunto de berros), Ruxe-Ruxe (Que movida), Suso Sanmartín (São Martinho oficial), Metralletas Lecheras (Doa os teus riles), O sonoro maxín (Un parado occidental), Safari orquestra (Safaris do porco), Bieito Romero (Que movida) ou Sés (Etiopía ten fame). Tamén outros seguidores anónimos dos Resentidos, que queren aparecer no vídeo.

Polo de agora 'Que movida', 'Usa ghafas de sol' e 'Moi mal organizado' son as máis repetidas, e curiosamente ninguén escolleu 'Un negro deitado'

As instrucións son moi simples. Abonda con coller un folio en branco (ou calquera superficie) e escribir ou imprimir calquera dos versos da canción, que se poden atopar aquí. Na páxina tamén se indica cantas persoas enviaron a súa imaxe con cada un dos versos, é dicir, a competencia para saír no vídeo. Polo de agora Que movida, Usa ghafas de sol e Moi mal organizado son as máis repetidas, e curiosamente ninguén escolleu Un negro deitado.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.