Publicidade
Publicidade
Ducias de actividades por toda Galicia celebran este domingo a lectura
Quen este domingo saia á rúa, e as previsións climatolóxicas animan a facelo, terá difícil non atoparse cun libro que levar para a casa. Malia que a maioría das bibliotecas e librarías pechan hoxe, co que boa parte das súas celebracións se distribuíron entre as semanas pasada e próxima, como o tradicional desconto na compra de exemplares nas librarías, que pasa a este luns, como cada 23 de abril entidades sociais e institucións de todo tipo envórcanse co Día do Libro cunha ampla e variada programación de actividades por toda Galicia da que a seguinte é só unha pequena mostra.
- A falta de celebracións oficiais do Goberno galego este mesmo domingo, en Vigo, na biblioteca Juan Compañel, este sábado o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, celebrou o Día do Libro coa entrega dos premios do VIII Concurso BD Vigo, seguida dunha charla do guionista de cómic David Braña e a presentación das últimas obras de Francisco García González. Este domingo o Auditorio Municipal da cidade acolle, ás 18 horas, Valados, adaptación dunha obra de Agustín Fernández Paz
- Na Coruña, a Real Academia Galega celebra o día cunha exposición de libros de viaxes por Galicia que estará aberta ata o próximo día 28.
- Durante a semana do 17 ao 24 de abril a biblioteca Ánxel Casal de Santiago está a realizar unha campaña de liberación de libros en diferentes espazos da biblioteca coa intención de que logo sexan deixados por toda a cidade. E este luns día 24 sorteará lotes de libros entre todos os usuarios que leven un libro en préstamo. Tamén en Santiago o Consorcio da cidade entrega publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido.
- En Lugo, a Deputación regalará un total de 2.500 libros ata o 30 de abril aos visitantes dos catro museos da provincia: Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María.
- En Pontevedra, a praza da Ferrería acollerá os postos de once libreiros locais que ofrecerán as últimas novidades literarias e actuacións de contacontos e musicais.
- En Vilagarcía de Arousa o Auditorio Municipal acolle a Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil Lectoriño, na que este ano destacan varias actividades e exposicións relacionadas con Carlos Casares como homenaxeado do Día das Letras Galegas.
- En Ferrol estase xa a celebrar a Feira do Libro, con diversas sinaturas de libros e charlas programadas para este domingo.
- Pero as actividades non se limitan ás cidades e ducias de vilas por toda Galicia celebran tamén o Día do Libro con todo tipo de iniciativas: Concerto de María do Ceo en Viana do Bolo, Primavera das Letras en Cerceda...
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade