Luces e sombras na xornada dos equipos galegos

O Breogán acadou unha contundente vitoria a domicilio Dominio Público Praza Pública

Mentres Deportivo e Celta ocupan con folgura os postos de ascenso a Primeira División grazas ás súas vitorias, o resto da xornada foi dispar para os equipos galegos. Vitoria de Breogán e derrotas de Leyma Coruña e Sousas Ourense en baloncesto.

Na Segunda B, unha vitoria, dous empates e unha derrota nos catro partidos dos equipos galegos. O Lugo complica as súas opcións de xogar polo ascenso de categoría, mentres que Montañeiros, que continúa remontando, e Celta B seguen loitando por manter a categoría.

Na Terceira galega, vitoria do Cerceda e derrota do Ourense, que novamente empatan na primeira posición. O Alondras é terceiro e Pontevedra, Racing Vilalbés, Dépor B e Rápido de Bouzas pelexan igualmente polos postos de ascenso.

Noutras competicións, o Liceo Coinasa gañou a domicilio e é segundo nunha OK Liga de Hockey dominada polo F.C. Barcelona. En balonmán, derrota de Academia Octavio na Liga Asobal, e tamén do Teucro na Primeira División na que o Frigoríficos de Cangas empatou.

O Breogán acadou unha contundente vitoria a domicilio Dominio Público Praza Pública

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.