David Lombao

Unha ducia de agasallos

Se cadra es de agardar polos Reis Magos ou na túa casa está entre as últimas polas que pasa o Apalpador. Ou non tes amizade con ningún deles pero tes en mente unha persoa á que sorprender. Sexa como for, estes días préstanse a agasallar e hai unha morea de presentes que naceron e medraron coas raíces no país. Velaí van algúns.

  1. 02

    Unha banda sonora para o 2014

    Se buscas unha banda sonora para o ano que vén de comezar hai unha boa diversidade de estilos sen saír do país. Caxade, Grampoder ou Sés teñen propostas acabadas de saír do forno. Zënzar ou Os da Ría teñen discos que xa están un chisco máis maduros pero que saben igual de ben. E se prefires agasallar música ao vivo, Cantos na Maré pode ser unha boa opción para botar a andar o 2014.

  2. 03

    Cinema

    Vilamor e Pradolongo, de Ignacio Vilar, as Dúas letras de Fina Casalderrey e Eloy Varela ou a gravación dun espectáculo de Carlos Blanco no Teatro Colón da Coruña son opcións audiovisuais do país ben apetecibles. 

  3. 06

    Unha boa paparota

    Se nos poñemos a citar propostas gastronómicas precisamos varias ducias. Así que acudimos a Agasallo.eu e atopamos, entre outras, dúas posibilidades para agasallar un xantar ou unha cea con xeito n'A Nave de Vidán ou n'O Dezaseis, en Compostela.

  4. 07

    Un detalle gastronómico

    Se cadra a paparota non é nun restaurante, senón na casa de alguén e non queres ir coas mans baleiras. Nese, caso, por que non chegas cun escumoso para brindar, cun licor para a sobremesa, cunha cervexa artesá ou cunha xenebra galega?

  5. 08

    Un carballo ou un castiñeiro para o monte Pindo

    A asociación que pula pola declaración do Monte Pindo como parque natural está a tentar recuperar este tesouro natural do país, arrasado polo lume. Para isto piden a colaboración da cidadanía e un carballo ou un castiñeiro é son agasallos que o monte agradecerá infinitamente.

  6. 10

    Tecnoloxía galega

    Porque non hai que ollar fóra para agasallar, por exemplo, un móbil ou unha tableta. Unha posibilidade é ollar para o catálogo de Primux.

  7. 12

    Medios amigos, plurais e en galego

    Se moitos e moitas agasallamos medios en galego, este será un agasallo que dure moito. Por que non lle ofreces a alguén que queiras ser parte da comunidade lectora de Praza?