Unha ducia de anfibios galegos
A Sociedade Galega de Historia Natural, a través da súa sección de herpetoloxía, vén de divulgar varias fichas de identificación dos anfibios galegos. Repasamos unha ducia de herpetos urodelos e anuros.
-
01Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica)
Os urodelos (píntegas e limpafontes) son anfibios con cola e coas catro patas de tamaño moi similar
-
02Píntega común (Salamandra salamandra)
-
03Limpafontes común (Lissotriton boscai)
-
04Limpafontes palmado (Lissotriton helveticus)
Ademais do limpafontes común e do limpafontes palmado, está o limpafontes verde (Triturus marmoratus), o máis grande de todos
-
05Sapiño comadrón (Alytes obstetricans)
Os anuros (sapos e ras) teñen as patas traseiras máis grandes que as dianteiras e non presentan cola cando son adultos
-
06Sapo común (Bufo spinosus)
-
07Sapo corriqueiro (Epidalea calamita)
-
08Sapo de esporóns (Pelobates cultripes)
Ademais dos catro sapos anteditos, tamén está a Ra das veigas (Discoglossus galganoi), que é un sapo malia que pola súa pel moi lisa pareza unha ra
-
09Ra verde (Pelophylax perezi)
-
10Estroza (Hyla molleri)
-
11Ra patilonga (Rana iberica)
-
12Ra vermella (Rana temporaria)