David Reinero

Unha ducia de asfaltados de pistas antes das municipais

O 26 de maio hai eleccións municipais, así que, como se fose unha obriga legal, concellos de toda cor e tamaño están estes días a asfaltar pistas e rúas. Porque as inauguracións están prohibidas desde que se convocan os comicios, pero nada di a lei en contra do reparto de piche como reclamo electoral. Repasamos unha ducia desas obras. 

  1. 01

    Nigrán

    A semana pasada, ás portas da campaña electoral, o Concello de Nigrán divulgaba os traballos de asfaltado que se estaban a realizar en 13 camiños e rúas da parroquia de Camos por 140.000 euros.

  2. 02

    Cuntis

    O Concello de Cuntis tamén vén de realizar diversos asfaltados nas súas parroquias, como este nesta pista de San Mamede.

  3. 04

    Ponteareas

    A falta de tempo para que os asfaltados estean listos antes das municipais, o Concello de Ponteareas divulgou unha recreación infográfica de como quedará a zona do Alto da Gloria cando se rematen as obras.

  4. 05

    As Neves

    A finais de marzo, coincidindo cunhas obras nunha estrada autonómica das proximidades, o Concello das Neves non quixo ser menos e tamén iniciou obras de asfaltado na zona de Setados.

  5. 06

    Oia

    Pero a Xunta non se limita a asfaltar as súas estradas senón que tamén reparte fondos para que os concellos arranxen os seus camiños e despois visítaos para que os votantes teñan claro de onde saen os cartos, como neste caso no concello pontevedrés de Oia a principios de abril...

  6. 07

    Os Blancos

    ...ou nestoutro no municipio ourensán dos Blancos tamén nas últimas semanas.

  7. 09

    Vigo

    En Vigo non todo son humanizacións, que requiren moito tempo de traballos, e o Concello tamén está a repartir nas últimas semanas asfaltados por diversas rúas e camiños da cidade.

  8. 10

    Brión

    Antes da execución dos asfaltados, os concellos tamén publicitan os pasos administrativos previos, como fixo o de Brión a comezos de abril cando adxudicou obras por 445.000 euros para seis camiños.

  9. 11

    Vilamartín de Valdeorras

    Tamén a comezos de abril, e na outra punta de Galicia, o Concello de Vilamartín de Valdeorras comezou traballos de asfaltado.

  10. 12

    Chantada

    Nestes días preelectorais as obras están a chegar mesmo a corredoiras de pedra como o camiño de Belesar en Chantada, cuxa agresiva actuación vén de ser denunciada por En Marea.