David Lombao

Unha ducia de atrancos para a Coroa española

O pasado xoves as máis altas institucións do Estado organizaron grandes fastos en Madrid para oficializar o recambio na Monarquía, con Felipe de Borbón, xa como Filipe VI, recollendo o testemuño do seu pai. Malia á festa, a Coroa española ten diante de si certos atrancos. Ademais dos evidentes, claro.

  1. 01

    Jaime Peñafiel

    Ex redactor xefe da monárquica revista ¡Hola! Peñafiel é un dos cronistas da cousa real máis célebres. Caído en desgraza para a familia Borbón dende hai anos aborrece especialmente a nova raíña consorte. Disque "non lle gusta".

  2. 03

    Jiménez Losantos

    O popular locutor e disque tamén xornalista, axitador antes das mañás radiofónicas da Cope e agora da súa propia emisora, ten na realeza un dos seus temas favoritos. Na xornada da coroación de Filipe VI despachouse a gusto.

  3. 04

    Os cuñados

    O novo monarca español ten que ter un ollo posto nos seus cuñados. Aínda que o que inicialmente semellaba o cuñado malo ficou unicamente no cuñado hortera, mentres que o cuñado deportista resultou ser o cuñado -presuntamente- corrupto.

  4. 05

    O humor

    Malia á sona de campechanía labrada con esforzo mediático durante décadas, as probas dinnos que a Casa Real española non leva moi ben o humor, alén dos chistes contados polos seus membros.

  5. 06

    Os elefantes

    Estes animais non teñen bo recordo dos seus encontros borbónicos.

  6. 09

    Os tribunais

    A realeza española comeza a súa nova xeria con proclamas de "normalidade" mentres ten un ollo posto nos xulgados de Palma de Mallorca, onde o xuíz castro instrúe o caso que lle pode causar serios problemas ao cónxuxe de quen agora é irmá do xefe do Estado. E a ela mesma.

  7. 10

    A súa defensa

    Mentres a Coroa celebraba os seus fastos algunhas das persoas que se opuñan a ela na mesma cidade non o pasaban tan ben como quen participaba no besamanos.

  8. 11

    A realidade

    Mentres dende múltiples medios se tentaba facer ver que houbo multitudes seguindo a comitiva real, o certo é que houbo un seguimento tan real como discreto, se é comparado con outros acontecementos semellantes.

  9. 12

    Internet

    Aos poucos minutos de rematar os actos oficiais a rede xa estaba inzada de memes a respecto da familia real, dos seus achegados e da Monarquía en xeral. Mentres, a casa dos Borbóns aínda se está iniciando neste eido, cunha conta de Twitter acabada de estrear e unha web que cae día si, día tamén.