Unha ducia de bandas e artistas finalistas da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música
O vindeiro 7 de xuño o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a décima edición dos Premios Martín Códax da Música, unha cita na que 50 propostas (entre artistas, bandas e outros proxectos ao redor da música: salas, festivais, medios...) foron seleccionadas como finalistas. Nuns días coñeceremos os gañadores e gañadoras, que recibirán o seu galardón, como tamén fará Luz Casal, recoñecida co premio honorífico desta edición tan especial do certame. Velaquí unha ducia de vídeos dalgúns dos e das finalistas.
-
01
Aldaolado: 'Por que non nos volvemos bicar?'
Banda Aldaolado é finalista na categoría de Pop e indie
-
02
Blanco Palamera: 'Noche en Compos'
Nesa mesa categoría de Pop e indie son tamén finalistas Blanco Palamera e Momboi
-
03
Moura: 'Romance de Andrés d'Orois'
No apartado de rock e punk optan ao premio os Moura
-
04
Boyanka Kostova: 'A Feira das Mentiras'
No ámbito das músicas urbanas son finalistas os Boyanka Kostova
-
05
Sila Lua: 'Viaje al Fin de la Noche'
No mesmo apartado de músicas urbanas optan tamén ao premio Sila Lua e Møu
-
06
Carabela: 'Catro pesos'
Na categoría de electrónica son finalistas Carabela
-
07
Terrae: 'Amores de ida e volta'
En electrónica son tamén candidatos Terrae e Mel
-
08
Xurxo Fernandes: 'Levaino'
No apartado de folk son finalilistas Xurxo Fernandes, Abril e Quico Comesaña + Grupo.
-
09
Catuxa Salom: 'Nunha aldea'
No apartado de Músicas do Mundo e Mestizaxe foi seleccionada como finalista Catuxa Salom
-
10
Madalena Gamalho: 'Sobe à minha escada'
Na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe optan tamén ao premio Ton Risco e Marcos Teira e Madalena Gamalho
-
11
Anxo Araújo: 'Por que tivemos que discutir?'
En Canción de Autor, Santi Araújo é un dos tres candidatos, canda a Su Garrido Pombo e Tomás Porteiro
-
12
Udra: Paisaxe
Na categoría de Blues, Funk e Soul son finalistas Udra, Ángeles Dorrío e Apart
-
13
Luz Casal: 'Hola, qué tal?'
Pechamos con Luz Casal, que recibirá o galardón honorífico nos 10º Premios Martín Códax da Música, que recoñecen “a riqueza, delicadeza e inconformismo como intérprete e compositora”. Casal leva 40 anos no mundo da música, unha traxectoria brillante que na última década se completou co impulso do Festival da Luz no seu Boimorto natal. Ademais, a artista está a presentar o seu novo album, “Las ventanas de mi alma”