Praza Pública

Unha ducia de bens culturais en perigo

A web patrimoniogalego.net, construída de forma colaborativa, reúne ao redor de 7.000 bens patrimoniais de toda Galicia, con información sobre a súa historia, localización e estado de conservación. Este Catálogo Social do Patrimonio, con catro anos de andaina, permite agora contemplar dunha ollada todos os bens culturais inventariados, a través dunha ferramenta para Google Earth. Entre as entradas documentadas na web hai edificios, espazos e outros elementos patrimoniais perfectamente conservados e protexidos, pero o catálogo inclúe tamén unha lista vermella de patrimonio en perigo de desaparición ou de degradación irreversible.

  1. 01

    Castro de Castrelo

    O Castro de Castrelo, situado na parroquia de Soesto, en Laxe, descubriuse na escavación das obras de ampliación da estrada AC- 433 de Ponte do Porto a Laxe.

  2. 02

    Círculo lítico de Castrotión

    Situado na parroquia de Oca, na Estrada, na actualidade son visibles doce pedrafitas que arrodeaban unha capela destruída a principios do século XX e da que só se conservan os alicerces. Hai quen cre que no lugar ou nas proximidades puído existir un mosteiro fundado no século VII por Theodiselo, un discípulo de Froitoso de Braga

  3. 03

    Pazo de Trasouteiro

    Situado no lugar Trasouteiro, en Brión, está a moi pouca distancia das Torres de Altamira. Foi coñecido como pazo dos Condes de Altamira, e algúns historiadores queren atribuír ao século XIV as partes máis antigas, pero sufriu moitas reformas posteriores.

  4. 04

    Fábrica de papel de Fontán

    A Fábrica de papel de Fontán é o exemplo máis significativo da actividade industrial relacionada co papel e os curtidos da comarca de Noia aproveitando a auga dos seus ríos. Fundada no 1863 como fábrica de papel polo ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán

  5. 05

    Castelo de Monterrei

    O Castelo de Monterrei é, probablemente, a fortaleza máis grande de Galicia pois, ademais da propia estrutura defensiva, contaba cun pazo, torres, capelas e mesmo un hospital de peregrinos. O conxunto está ameazado polo proxecto para convertelo nun hotel de luxo.

  6. 06

    Castelo de Fontán

    O castelo de Fontán ou máis ben a batería de costa de Fontán, en Sada, construíse a principios do século XVIII para protexer de posibles ataques navais de toda a zona e sobre todo a unha fábrica de cordas e lonas promovida por dous empresarios flamencos. O xacemento corre un serio risco de destrución

  7. 08

    Muíños de Bares

    Conxunto de Muíños de auga de tipo canle e encadeados entre si que aproveitan a forte pendente do cantil cara o mar, situados no Faro de Estaca de Bares (Mañón)

  8. 09

    Xacemento de Coeses

    No ano 2011, durante os traballos na autostrada A-54, Lugo-Santiago, a uns 200 metros do castro Valente, saíu á luz un xacemento, en principio de época indeterminada pero posiblemente precastrexo. O xacemento correu un grave perigo xa que o Ministerio de Fomento anunciou, a principios do mes de febreiro de 2013, a súa intención de non variar o trazado da autostrada.

  9. 10

    Fábrica de conservas Cerqueira

    Edificio de dúas alturas construído en pedra situado en San Miguel de Oia. A súa fachada data da primeira metade do século XX.

  10. 11

    Mosteiro de San Salvador de Albeos

    Na parroquia de Albeos (Crecente), lugar onde naceu San Paio, consérvanse en pésimas condicións as ruinas dun mosteiro románico de freiras bieitas. As orixes deste cenobio remóntanse até o século X. A día de hoxe, o mosteiro preséntasenos como un pequeno edificio de planta rectangular, carente de cuberta, invadido por unha grande mata de hedra e parte del empregado como alpendre.

  11. 12

    Fábrica Santa Clara

    Este edificio, de 1941, é un bo exemplo das teses racionalistas dos anos 20 que influíron na arquitectura industrial. Así, trátase do único edificio industrial de estilo racionalista que existe en Vigo. Porén, o inmoble, abandonado, non conta con ningunha medida ou figura de protección.