Unha ducia de cancións dedicadas a políticos galegos
Hai cancións políticas e cancións dedicadas a políticos. E a que a comezos deste mes Tony Lomba & Elio dos Santos dedicaron ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, non é a única que ten un político galego como o seu protagonista. Repasamos unha ducia delas.
-
01
Abel Caballero, por Tony Lomba & Elio dos Santos
Tony Lomba tivo que aclarar que o seu ton habitual é a ironía ante os comentarios que consideraron este tema unha mostra de "apoio" ao alcalde de Vigo.
-
02
Alberto Núñez Feijóo, por Tony Lomba & Elio dos Santos
Tony Lomba xa dedicara un tema, improvisado, ao presidente da Xunta durante o seu paso polo Land Rober da TVG.
-
03
Alberto Núñez Feijóo, por Poetarras
Outros músicos xa compuxeran temas sobre Feijóo antes que Tony Lomba. Aquí, o de Poetarras.
-
04
Alberte Núñez Feixóo, por Os da Ría
Os da Ría tamén se fixaron en como Feijóo goberna Galicia.
-
05
Manuel Fraga, por La Trinca
Cando quen apostou por Feijóo aínda era líder da oposición en Madrid tamén foi obxecto dunha composición na que se lembraban as súas orixes políticas.
-
06
Franco (ou alguén parecido), por La Mandrágora
Tamén houbo composicións dedicadas a quen apostou por quen apostou por Feijóo. Ou por alguén parecido, porque a canción non o deixaba claro.
-
07
O conselleiro, por Siniestro Total
Si, este tema está dedicado a ese conselleiro.
-
08
Baltar, por Ico d'O Sonoro Maxín
O entroido de Ourense é propicio para as composicións musicais, como esta dedicada a Baltar.
-
09
Baltar, por O neno do Barbaña
Sobre Baltar hai composicións que achegan máis da realidade ourensá que moitas investigacións xornalísticas.
-
10
Gonzalo Pérez Jácome, por O neno do Barbaña
O líder de Democracia Ourensana tamén foi merecedor da súa propia composición.
-
11
Anxo Quintana, por Edilberto Alonso
Mesmo Anxo Quintana foi merecedor da arte do trovador de Curtis.
-
12
Bo nadal, por Gerardo Conde Roa
Non é un tema musical dedicado a un político, pero nesta época de nadal na que estamos é pertinente lembrar a un dos políticos que mellor soubo felicitar musicalmente á cidadanía.