David Lombao

Unha ducia de casos nos que non usar Comic Sans

A Comic Sans é unha tipografía saída do maxín do deseñador Vincent Connare en 1994 e concibida para os diálogos na banda deseñada e, en xeral, para ilustracións e pequenos textos dirixidos a nenas e nenos. A súa inclusión en paquetes de software de Microsoft expandiuna ata o punto de que é posible atopala sendo utilizada para case calquera cousa. Hai quen a ama e hai quen a aborrece e considera que é mellor retirala da vida pública e de casos coma estes.

  1. 01

    Na selección de persoal dun organismo público

    A non ser que se procuren directivos na súa máis tenra infancia, a controvertida tipografía non semella a maís acaída para esta fin. Menos aínda se o organismo se ocupa das artes no país, como é o caso.

  2. 02

    Nun trofeo deportivo

    Os trofeos deportivos están concibidos para conmemorar vitorias e feitos para perdurar no tempo. Hai equipos que terán que amosar a súa gloria en Comic Sans.

  3. 03

    Para marxinar o galego

    Para exercer de vilán hai que ter certo estilo. Un non pode pretender excluír a lingua galega da vida pública cunha estética tan desenfadada. Se un é malo, ten que selo con todas as consecuencias.

  4. 04

    Para facer o mal

    O caso da presunta malversación de fondos en UGT Andalucía ten nos correos electrónicos algunhas das probas das supostas condutas delitivas. Algúns destes correos, publicados por El Mundo, estaban redactados en Comic Sans... e en maiúscuĺas!

  5. 05

    Para estudar a transparencia das institucións

    Transparencia Internacional é unha das organizacións máis reputadas no estudo das boas prácticas das institucións públicas. Ata hai pouco tempo ofrecía os resultados das súas análises deste xeito tan distendido...

  6. 06

    Para previr riscos laborais

    Os riscos laborais son unha das lacras no mundo do traballo e un ámbito no que cómpre ter especial precaución. Son, polo tanto, unha cousa seria.

  7. 07

    Para nomear persoeiros

    Castelao era un artista, tamén nas tipografías. Tamén é certo que nunca utilizou Windows.

  8. 08

    Nunha homenaxe a un papa

    Tras a súa renuncia, o Vaticano decidiu que era unha boa idea elaborar unha publicación para homenaxear o labor de Bieito XVI. Tamén considerou que era unha boa idea escribila en Comic Sans, se ben despois recuou e apostou pola Times New Roman.

  9. 09

    Na presentación dun descubrimento científico

    O persoal científico do CERN deu en 2011 co bosón de Higgs nun dos descubrimentos científicos máis relevantes das últimas décadas. As súas conclusións expuxéronas en Comic Sans.

  10. 10

    Para promocionar produtos do país

    Non hai ningunha necesidade de someter o licor café á ditadura da Comic Sans, aínda que o rigor da ortografía non lle sobra.

  11. 11

    Nun fondo de investimento

    Descoñecemos se os seus investimentos serán máis ledos que os doutras compañías.

  12. 12

    Para realizar apelacións á veciñanza...

    ... ou, se cadra, neste caso non é tan inapropiada...