Praza Pública

Unha ducia de citas festeiras para agosto

O mes de agosto está cheo de festas en Galicia. Desde celebracións gastronómicas ata patronais, pasando por moreas de festivais de música. Queda moito verán do que gozar. Aquí, algunhas recomendacións. 

  1. 01

    A Carballeira de Zas

    A localidade da Costa da Morte acolle a primeira fin de semana de agosto un dos festivais máis senlleiros do país, que nesta ocasión contará coa actuación de artistas como Sés ou Luar na Lubre. 

  2. 02

    Festival de Pardiñas

    Nao, Habelas Hainas, Oquestrada ou O Sonoro Maxín serán algunhas das bandas que actuarán o sábado e o domingo desta primeira fin de semana de agosto en Pardiñas (Guitiriz) na que xa é a 36ª edición do festival. 

  3. 03

    Romaría Vikinga

    Catoira volve acoller a súa Romaría Vikinga, que nesta primeira fin de semana de agosto contará cunha morea de actividades, entre elas os concertos de A Banda Crebinsky, Biribirlocke ou Dj´s Grime Selector Meets Original Pedrolo.

  4. 04

    O Noroeste Pop-Rock

    O festival da Coruña, que vai pola súa 29ª edición, varía un chisco o seu formato para se estender durante cinco días e abranguer varios espazos da cidade. Desde o luns 3 ata o venres 7, 31 bandas e artistas actuarán en catro ubicacións diferentes. Mando Diao Los Planetas, Sidonie, Silvia Penide, Guadi Galego, Ariel Rot, León Benavente ou La Bien Querida son algúns dos convidados. 

  5. 05

    Castelo Rock

    Muros encherase de rock a segunda fin de semana deste mes de agosto. O Castelo Rock contará con El Drogas, Heredeiros da Crus, Soziedad Alkoholika ou Boikot, entre outras bandas. 

  6. 06

    O Felipop

    O Felipop de Limodre (Fene) chega á maioría de idade coa súa 18ª edición. Do 6 ao 8 de agosto actuarán Puma Pumku, The Pretty Things, Camarada Nimoy ou Tachenko. 

  7. 07

    V de Valarés

    Acadado o necesario permiso da Xunta para a súa celebración, en dúbida por estar este espazo incluído na Rede Natura 2000, o festival de Balarés (Ponteces) incrementa os días e as actuacións. Kiko Veneno, Eli Paperboy Reed, Is Tropical, Carlos Sadness, Pony Bravo ou Kepa Junkera serán algúns dos artistas. 

  8. 08

    Festa do polbo no Carballiño

    A segunda fin de semana de agosto, Carballiño recibe milleiros de visitantes para celebrar a festa do polbo, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico Nacional. 

  9. 10

    Festas de San Roque

    Numerosas localidades galegas celebran a festividade de San Roque arredor do 16 de agosto con importantes festas. Unha das localidades con máis sona é Betanzos, que ademais conta coas tradicionais xiras dos Caneiros e o seu famoso e globo. 

  10. 11

    Romaría do Naseiro

    O Naseiro, coñecida tamén como A Romaría do Bo Xantar é unha popular romaría campestre que se celebra á beira do río Landro, na parroquia de San Pedro, Viveiro. Centos de persoas acoden alí no cuarto fin de semana de agosto, aínda que a mocidade adoita pasar alí varios días máis. 

  11. 12

    Festa da Istoria

    Galicia despide o mes de agosto coa Festa da Istoria de Ribadavia, que o último sábado do mes (29) recorda a historia da vila e a súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.