Unha ducia de concertos no 39º Festival Noroeste da Coruña
Chega agosto, o mes do Festival Noroeste Estrella Galicia, a cita que dende hai anos enche de música as rúas e prazas da cidade da Coruña. E todo de balde! Desta volta, entre os días 5 e 8 de agosto. Este ano, a piques de celebrar o 40 aniversario do evento, serán máis de 40 os concertos, distribuídos en sete localizacións distintas. Velaquí unha ducia desas actuacións, unha boa excusa para pasar o día na urbe herculina, onde ninguén é forasteiro.
-
01Mapa Noroeste 2026
Chega agosto, o mes do Festival Noroeste Estrella Galicia, a cita que dende hai anos enche de música as rúas e prazas da cidade da Coruña. E todo de balde!
Este ano, a piques de celebrar o 40 aniversario do evento, serán máis de 40 os concertos, distribuídos en sete localizacións distintas. Dende a praia de Riazor, que coma todos os anos acollerá as actuacións máis masivas, ata o Campo de Leña ou a Praza de Azcárraga, dende o Parque de Santa Margarida á Praza de María Pita ou o Portiño.
E, ademais, os Xardíns de Mendez Núñez acollerán o Noroestiño, con actuacións para para cativada. Pablo Díaz, María Faltri ou Lydia Botana xunto cos espectáculos ‘A Banda dos Insectos’, ‘Bibopalula, o concerto’ ou ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’.
-
02
Fantastic Negrito: Plastic Hamburgers
O mércores 5 a música comeza a soar en case todos os escenarios. A programación da Praza de Azcárraga é unha das máis intensas, con estilos diversos, dende o rock ao blues. A primeira xornada neste escenario permitirá gozar de Law, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Pamela Rodríguez e Fantastic Negrito, a banda do estadounidense Xavier Amin Dphrepaulezz.
-
03
Bongeziwe Mabandla: Ndokulandela
Ese mesmo día en Santa Margarida haberá unha escollida selección de músicas do mundo, con Freestyle People ft. Gallos del Norte, os arxentinos Orquesta Invisible, a galega Catuxa Salom e o sudafricano Bongeziwe Mabandla, que achegará as súas cancións na lingua isiXhosa
-
04
Dorian: La tormenta de arena
Na Praza de María Pita vivirase na primeira xornada un auténtico festival pop cos galegos Familia Caamagno e a Orquestra do Quince, Ángel Stanich e os sempre coreados Dorian. O segundo día será a quenda de Vicente Calderón, Yerai Cortés e Zënzar
-
05
Ruxe-Ruxe: Rock do País
O ruído e o rock dominan a programación do Campo da Leña. Na primeira xornada, o mércores 5, actuarán Colorado, Greasy Belly, Agoraphobia, Frankie and the Witch Fingers. E na segunda, o xoves 6, será a quenda de Mar de Fondo, MEU, Tsunami Arise e Ruxe Ruxe
-
06
La Perra Blanco: Devil in my bed
No segundo día do noroeste, o xoves 6, a gaditana La Perra Blanco tomará a Praza de Azcárraga precedida de Apolo18 e MFC Chicken.
-
07
Moura: Muiñeira da Maruxaina
Os galegos Moura pecharán a noite na Praza de Azcárraga coa súas cancións repletas de capas de sons, ruído e distorsión, como demostran nesta Muiñeira da Maruxaina
-
08
Ana Lua Caiano: Mão Na Mão
Os concertos no Castelo de San Antón están todos os anos entre os máis especiais e íntimos, tanto pola beleza do escenario coma pola capacidade limitada do recinto, que habitualmente obriga a recoller previamente os convites para entrar. O mércores actuará a catalá Anna Andreu e o xoves a portuguesa Ana Lua Caiano, coa súa mestura de pop e sons tradicionais
-
09
Xosé Lois Romero & Aliboria - Mangüeiro (Olvídame)
A segunda xornada no escenario do Parque de Santa Margarida volverá ter un menú moi escollido, con proxectos tan interesantes coma o da Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band. Ademais, veremos a Mounqup e Xosé Lois Romero & Aliboria e a Mari Froes
-
10
Bala - Prisas
Venres e sábado os concertos trasládanse á Praia de Riazor. Alí, o sábado 7 actuarán as galegas Bala, Anxela Baltar e Violeta Mosquera, que elevarán o volume das súas guitarras para facer moito ruído sobre a area. Ademais, Crowded, Sprints e o medrileño Rusowsky.
-
11
Sés: Para cando eu morra
A xornada grande do Noroeste será, coma todos os anos, a do sábado, momento en que se reunirán na Praia de Riazor decenas de miles de persoas para un cartel absolutamente variado, que comezará coa actuación de María Xosé Silvar, Sés.
-
12
Echo & The Bunnymen: The Killing Moon
Os británicos Echo & The Bunnymen poñerán en práctica a experiencia acumulada despois de case 50 anos sobre os escenarios. Post-punk e escuridade chegada dende Liverpool.
-
13
Bomba Estéreo: Soy Yo
Dende Colombia Bomba Estereo, a banda liderarda por Li Saumet, converterá Riazor nunha praia do Caribe e de seguro que porá a todo o mundo a bailar cos seus ritmos nos que se mestura o rock e a electrónica coa cumbia e a champeta tradicional.