David Lombao

Unha ducia de cousas que son mentira

Dinse en grandes discursos a xeito de sentenzas ou polo baixo, na intimidade do fogar. Ás veces perpétranse nunha ilustración sen excesivo sentido da estética para facelas circular por internet. Son medias verdades ou mentiras enteiras que ás veces se difunden conscientemente e outras, por inercia. Algunhas non fan mal e outras poden chegar a facelo.

  1. 01

    Feijóo prometeu acabar co paro en 45 días

    É, probablemente, un dos bulos máis consolidados na política galega, pero o certo é que Feijóo nunca prometeu acabar co desemprego en 45 días se chegaba á Xunta. No entanto, si asegurou que nese prazo de tempo ía aprobar un plan contra a crise e tamén lle atribuía ao bipartito boa parte da responsabilidade nun desemprego que, xa con el no Goberno, seguiu aumentando.

  2. 02

    "Beiras leva 30 anos cobrando do Parlamento"

    O presidente da Xunta utilizou esta acusación contra o voceiro de AGE en numerosas ocasións, aínda que o certo é que Beiras foi membro do Parlamento entre 1985 e 2005, período que pasou na súa práctica totalidade recibindo salario de profesor universitario e non de deputado, e non volveu á Cámara ata 2012.

  3. 05

    No Estado hai 445.000 políticos

    Ao abeiro da crise económica non son poucos os bulos que se propagan con facilidade, especialmente utilizando internet. Un dos máis populares é o dun desmesurado número de cargos políticos no Estado español que, no entanto, non se corresponde coa realidade.

  4. 06

    "Somos bilingües"

    O paraugas do bilingüismo foi empregado para meter por baixo a grupos tan pequenos como ruidosos que axitaban a bandeira dunha presunta "imposición" do galego que nacía e remataba nas súas pancartas.

  5. 08

    Se non o compartes, morren persoas/cans/gatos

    Milleiros, millóns de imaxes inundan as redes sociais instando a compartilas con todo tipo de chamamentos, a cada cal máis peregrino. Ata o momento non está acreditada a morte de ningún ser vivo por que alguén non compartise unha imaxe no Facebook.

  6. 11

    "Non volvo beber máis"

    Frase que adoita ser pronunciada en mañás tristes inmediatamente posteriores a noites alegres. Pode ser posterior a "a penúltima e marchamos".

  7. 12

    "Con Franco vivíamos mellor"

    Mentira, agás excepcións.