Praza Pública

Unha ducia de creadores/as da Terra Chá no Paseo dos Soños de Vilalba

O Paseo dos Soños de Vilalba, na ribeira do río Magdalena, engade todos os anos un monumento dedicado a un creador ou creadora chairega. Cada un está a cen metros do anterior, conformando na actualidade unha ducia deles, 1,2 quilómetros de talento saído da Terra Chá. Manuel María, Paco Martín, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xavier P. Docampo, Xose Manuel Carballo, Margarita Ledo Andión, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes ou Mini e Mero contan xa co seu monolito ou escultura. Un bo lugar para admiralos ao ritmo que marque un paseo por este lugar. Este outono, ademais, coñeceremos o homenaxeado ou homenaxeada número trece.

  1. 02

    Xulio Xiz

    Julio Modesto Giz Ramil, máis coñecido como Xulio Xiz, nado o 17 de febreiro de 1947 en Vilalba, é un xornalista, guionista, escritor e produtor galego.

  2. 03

    Xosé Chao Rego

    Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015[1], foi un teólogo e escritor galego.

  3. 04

    Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes

    Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Xesús Rábade Paredes, parella de Helena, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

  4. 05

    Margarita Ledo Andión

    Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

  5. 06

    Xosé Manuel Carballo Ferreiro

    Xosé Manuel Carballo Ferreiro, nado en Goberno (Castro de Rei) en 1944 e finado o 28 de outubro de 2017[1], foi un sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego.

  6. 08

    Xabier P. Docampo

    Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

  7. 09

    Agustín Fernández Paz

    Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente de literatura infantil e xuvenil.

  8. 10

    Manuel María

    Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político.

  9. 11

    Paco Martín

    Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

  10. 12

    Ramón Chao Rego

    Ramón Luís Chao Rego, nado en Vilalba, o 21 de xullo de 1935 e finado en Barcelona o 20 de maio de 2018, foi un xornalista, escritor e músico galego.