David Reinero

Unha ducia de eleccións galegas

As eleccións do 25 de setembro permitirán configurar a X Lexislatura do Parlamento de Galicia, pero antes de que se comezasen a celebrar comicios autonómicos xa houbo algún con repercusión directa no autogoberno galego. Repasamos a ducia de eleccións celebradas en clave galega desde o fin da ditadura.

  1. 01

    Eleccións xerais de 1977 e 1979

    Malia que non foron autonómicas, os seus resultados en Galicia serviron para establecer a relación de forzas da Asemblea de Parlamentarios que redactaría o proxecto de Estatuto de Autonomía. En xuño de 1977 UCD obtivo 20 deputados, AP 4 e PSOE 3. En marzo de 1979 UCD tivo 17, PSOE 6 e a Coalición Democrática de AP 4.

  2. 02

    21 de decembro de 1980 - Referéndum do Estatuto

    A primeira convocatoria ás urnas en clave exclusivamente galega foi a do referéndum do Estatuto, cun 28,27% de participación e un 73,35% de votos favorables.

  3. 03

    20 de outubro de 1981

    Primeiras eleccións autonómicas. Cun 46,3% de participación, AP conseguiu 26 escanos, UCD 24, PSdeG 16, BNPG-PSG 3, EG 1 e PCG 1. Gerardo Fernández Albor foi o presidente.

  4. 04

    24 de novembro de 1985

    Segundas eleccións autonómicas. Cun 57,4% de participación, Coalición Popular conseguiu 34 escanos, PSdeG 22, Coalición Galega 11, PSG-EG 3 e BNG 1. Gerardo Fernández Albor foi o presidente, pero en 1987 substituiríao Fernando González Laxe logo dunha moción de censura.

  5. 05

    17 de decembro de 1989

    Terceiras eleccións autonómicas. Cun 59,5% de participación, o PP conseguiu 38 escanos, PSdeG 28, BNG 5, PSG-EG 2 e Coalición Galega 2. Manuel Fraga foi o presidente.

  6. 06

    17 de outubro de 1993

    Cuartas eleccións autonómicas. Cun 64,2% de participación, o PP conseguiu 43 escanos, PSdeG 19 e BNG 13. Manuel Fraga foi o presidente.

  7. 07

    19 de outubro de 1997

    Quintas eleccións autonómicas. Cun 62,5% de participación, o PP conseguiu 42 escanos, BNG 18 e PSdeG 15. Manuel Fraga foi o presidente.

  8. 08

    21 de outubro de 2001

    Sextas eleccións autonómicas. Cun 60,2% de participación, o PP conseguiu 41 escanos, BNG 17 e PSdeG 17. Manuel Fraga foi o presidente.

  9. 09

    19 de xuño de 2005

    Sétimas eleccións autonómicas. Cun 64,2% de participación, o PP conseguiu 37 escanos, PSdeG 25 e BNG 13. Emilio Pérez Touriño foi o presidente.

  10. 10

    1 de marzo de 2009

    Novenas eleccións autonómicas. Cun 54,9% de participación, o PP conseguiu 41 escanos, PSdeG 18, AGE 9 e BNG 7. Alberto Núñez Feijóo é o presidente.

  11. 11

    21 de outubro de 2012

    Novenas eleccións autonómicas. Cun 54,9% de participación, o PP conseguiu 41 escanos, PSdeG 18, AGE 9 e BNG 7. Alberto Núñez Feijóo é o presidente.

  12. 12

    25 de setembro de 2016

    Décimas eleccións autonómicas. 2.637.927 galegos poderán exercer o voto para elixir os 75 deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia.