Unha ducia de elementos arqueolóxicos na exposición 'Galaicos'
Galaicos, como os romanos chamaron aos habitantes do noroeste da península ibérica, é o nome da gran exposición itinerante que, organizada pola Deputación de Pontevedra, vén de inaugurarse esta semana no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, onde estará ata febreiro para posteriormente pasar por Valencia e Barcelona antes de chegar a Pontevedra en 2020. O ente provincial destaca o carácter científico da mostra, que pretende dar a coñecer o avanzado dun pobo que actuou como nexo entre as culturas atlánticas e as mediterráneas. Escollemos unha ducia de elementos arqueolóxicos que se amosan na exposición.
-
01
Vídeo introdutorio
-
02Machadas de talón
Machadas de talón, Depósito de Samieira (Poio). Museo de Pontevedra.
-
03Askós de Alobre
Askós de Alobre (Vilagarcía de Arousa)
-
04Pulseira do Monte do Castro
Pulseira do Monte do Castro (Ribadumia). Rafael M.ª Rodríguez Martínez.
-
05Machada da Cabeciña
Machada da Cabeciña (Oia). Museo de Pontevedra.
-
06Coitelo de Alobre
Coitelo de Alobre. Museo de Pontevedra.
-
07Caldeiro de bronce do Monte do Castro
Caldeiro de bronce do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra.
-
08Fíbula zoomorfa do Monte do Castro
Fíbula zoomorfa do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra.
-
09Cunco de cerámica de Santa Trega
Cunco de cerámica de Santa Trega (A Guarda). MASAT.
-
10Villa romana de Adro Vello
Villa romana de Adro Vello (O Grove).
-
11Ladrillo con crismón
Ladrillo con crismón. Museo Provincial de Lugo.
-
12Crismón de Quiroga
Crismón de Quiroga (Museo Diocesano Catedralicio de Lugo).