Unha ducia de embarcacións tradicionais que aínda sucan as augas galegas
Dornas, bucetas, gamelas, volanteiros, galeóns, traiñeiras, balandros, racús, botes polbeiros... No litoral galego poden verse fermosas embarcacións tradicionais, un rico patrimonio en movemento que está moi vivo, defendido por entidades como Culturmar e que, sobre todo no verán, se reúne en encontros como o realizado hai dúas semanas en Sada, hai uns días no Grove e Moaña ou esta fin de semana na Illa de Arousa. Nas vindeiras semanas Poio, Pontevedra ou Cabo de Cruz (Boiro) acollerán actividades nas que se poderán ver ducias destas embarcacións.
-
01
Dorna de tope: Lavanqueira
Esta dorna de tope, de nome Lavanqueira, é da Illa de Arousa e foi construída no ano 2008. Leva velas cangrexa, foque e trinqueta.
Todas as imaxes están tiradas da web do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Sada entre o 3 e o 6 de agosto.
-
02
Bote Polbeiro: Bote de Pao
Este bote polbeiro con vela latina, chamado Bote de Pao, é de Ferrol e foi construído en 2008.
-
03
Gamela da Guarda: Minxos
Hai varias gamelas distintas: de Cambados, de Cabo de Cruz, guardesa, coruxeira..., cada unha coas súas particularidades. Esta Gamela da Guarda, de nome Minxos, foi construída en 1980 e está no porto de Combarro (Poio).
-
04
Buceta: Mar de Muros
Esta guceta, de nome Mar de Muros, foi construída en 2009 e está no porto de Muros.
-
05
Galeón: Ave de paso
Este galeón, de nome Ave de Paso, foi construído en 1960 e está no porto de Bueu.
-
06
Bote de Ribadeo: Pandora
Ao igual que sucedía coas gamelas, hai moitos tipos de botes: de Carril, da Ría de Ribadeo, da Ría de Vigo, polbeiro... Este bote de Ribadeo, de nome Pandora, é do ano 2004 e está en Fontán (Sada)
-
07
Dorna: Roxiña
A dorna é unha das raíñas das rías galegas. Hainas de tope, nais, mecas, polbeiras... Esta chámase Roxiña e está na Illa de Arousa. Foi construída en 2010.
-
08
Dorna nai: Uxía
Esta dorna nai ten o nome de Uxía e está en Moaña. Foi construída en 1978.
-
09
Volanteiro: Piueiro
Os volanteiros poden saír a alta mar, como este Piueiro da Guarda, de máis de 12 metros de eslora e construído en 2018.
-
10
Chinchorro: Jorge
Máis pequenos son os chinchorros, como este do Seixo, de nome Jorge, de menos de catro metros de eslora e construído en 1972.
-
11
Racú: Raku
Os racús empréganse para a pesca, como a maior parte destas embarcacións. Este, de nome Raku, é de 1997 e está no Grove.
-
12
Lancha xeiteira: Canle
Esta lancha xeiteira ou catraia, chámase Canle e é de Lira, onde está dende o ano 2003.
-
13
Balandro: Punta Barveira
Este balandro, de nome Punta Barveira, é do Seixo e foi construído en 1987.
-
14
Traiñeira: As Netas
Rematamos con esta traiñeira, de nome As Netas, construída en 1963 e que se atopa tamén en Fontán (Sada).