David Lombao

Unha ducia de escenas da historia recente de Galicia en 10 segundos

O desenvolvedor Berto Yáñez é o 'pai' de criaturas de Twitter como @postaisgalegas ou @unsaudo, que dende hai tempo vai retratando o país cada poucos minutos. A súa última creación é @10sdememoria, un bot que lanza chíos con fragmentos aleatorios do arquivo da TVG, escenas da historia recente do país de tan só 10 segundos.

  1. 05

    Aznar visita a Fraga, candidato á Xunta por primeira vez

    O 1 de setembro de 1989 o novo presidente do PP, José María Aznar, visita na Coruña a quen o situou no posto, Manuel Fraga, candidato á Presidencia da Xunta por primeira vez. Vídeo íntegro.

  2. 07

    Díaz Pardo, doutor honoris causa

    En xaneiro de 1992 a Universidade de Santiago investiu como doutor honoris causa a Isaac Díaz Pardo nun acto presidido polo reitor da institución académica, Ramón Villares. Vídeo íntegro.

  3. 10

    Chávez, en Galicia

    En outubro de 2005 o daquela presidente de Venezuela, Hugo Chávez, visitou Santiago. Foi recibido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e visitou a Catedral compostelá co alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e co deán, José María Díaz. Vídeo íntegro.

  4. 11

    Tractoradas contra a cota láctea

    O sector lácteo galego bótase cos tractores ás estradas en marzo de 1987 para rexeitar a cota láctea que impuña a Comunidade Económica Europea, actual UE. Vídeo íntegro.

  5. 12

    Censura a Albor

    O 23 de setembro de 1987 o Parlamento debate a moción de censura contra o Goberno de Alianza Popular, presidido por Gerardo Fernández Albor. A votación remata coa investidura do socialista Fernando González Laxe como novo presidente. Vídeo íntegro.