David Lombao

Unha ducia de especiais de Nadal

Guste moito, entusiasme ou non guste nada, o certo é que esta é a última fin de semana antes do Nadal e da súa vaga expansiva, que chega ata o 6 de xaneiro. As motivacións que poden levar a amar ou aborrecer estas datas "tan sinaladas" son múltiplas, pero seguro que entre elas están os especiais televisivos que salfiren a Noiteboa ou o remate do ano, entre outros días. Velaquí algúns exemplos.

  1. 01

    Unha Noiteboa con Juan Pardo

    O cantante Juan Pardo foi un dos grandes protagonistas do Nadal da TVG durante moitos, moitos anos. En 1996, 1997 ou 1998, por exemplo, a canle pública decidiu que a súa figura ben merecía un especial. Tamén no 2001, con esta Noiteboa con Juan. Onde andará agora?

  2. 02

    Telepasión Española

    TVE decidiu que sería unha boa idea poñer os seus presentadores a cantar polo Nadal. A fórmula repetiuse con teimosía (este ano disque ameazan con recuncar) e acadou a súa apoteose en 1990, cando a canle estatal deu en realizar unha caste de versión española de We are the world, we are the children con este Que no se acabe el mundo. Efectivamente, Jordi Hurtado xa estaba alí.

  3. 03

    A versión infantil dos concursos

    Unha das fórmulas máis recorrentes para a programación de Nadal consiste en facer o de sempre, pero con nenos e nenas como protagonistas, especialmente nos concursos. Aquí, a mítica Mayra é a xefa dunha edición infantil do Un, dos, tres durante as vacacións de Nadal de 1982.

  4. 04

    Os especiais de Luar

    Adoitan chamarse Gala fin de anoEspecial fin de ano ou fórmulas semellantes. Pero vostedes e mais eu sabemos que se trata do auténtico, xenuíno, inimitable e eterno Luar. E eles, tamén.

  5. 05

    As galas de artistas co don da ubicuidade

    Aínda que nos anos da crise a potencia destas galas xa non é a que era o certo é que, na noite de fin de ano, é habitual ver os mesmos artistas de moda actuando en varias canles á vez previa presentación de estrelas televisivas de máis ou menos fama. É a maxia do Nadal, señoras e señores.

  6. 07

    Especial da lotaría con música

    En 1990 Xosé Ramón Gayoso protagonizou un especial na Galega para seguir os resultados do sorteo da Lotaría de Nadal. Aproveitando a ocasión, Ana Kiro botou unhas panxoliñas

  7. 08

    Os especiais de Raphael

    Tan eterno como o noso Luar, os especiais de Raphael remóntanse ao franquismo e sobreviviron en TVE con gobernos e direccións de toda cor. Este é de 1969, cando non era indie. Ou, se cadra, xa si.

  8. 09

    Os da fin de ano do euro

    A noite que serviu de tránsito entre o 2001 e o 2002 as televisións sacaron a pasear a súa creatividade para recibir a nova moeda europea, que supostamente non traía consigo máis que bondades. Redondeos, inflacións e burbullas á marxe, Cruz y Raya perpetraron un especial titulado La verbena de la peseta que culminaba con sketch.

  9. 10

    As badaladas de Marisa Naranjo

    Cos 80 finalizaba tamén o que, na práctica, era o monopolio televisivo de TVE naqueles territorios sen canle autonómica. Marisa Naranjo deu en despedir aquela mítica década por todo o alto leándose monumentalmente na retransmisión das baladas. Cando advertiu de que ían comezar, xa remataran.

  10. 11

    As Noitevellas de Martes y Trece

    O dúo cómico protagonizo as veladas de fin de ano de TVE en diversas ocasións. Poucas escenas do humor televisivo foron quen de superar, cando menos de momento, a aquelas empanadillas de Móstoles.

  11. 12

    As actuacións musicais só aptas para o Nadal

    Con vostedes, unha actuación que supón, dalgún xeito, tocar teito no star system dos anos do fraguismo (e máis alá).