Marcos Pérez Pena

Unha ducia de finalistas dos Premios Youtubeiras+

Este sábado pola noite Narón acolle a entrega da oitava edición dos Premios Youtubeiras+, que este ano incorporou por primeira vez os contidos publicados en TikTok. O obxectivo dos galardóns é dar a coñecer o que se se está a facer na Rede no noso idioma, mostrar referentes e incentivar a creación de vídeos en galego. Velaquí algúns e algunhas das finalistas.

  1. 01

    A Revolución Galega de 1846. A historia descoñecida con César Caramês

    Esta edición dos premios entrega galardóns en sete categorías distintas: canle de Youtube, canle de Tiktok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. 

    Para este último galardón, o Premio do Público, calquera persoa podía presentar suxestións dos seus vídeos ou creadores favoritos. Os tres finalistas seleccionados foron: A revolución galega de 1846, de Orgullo Galego (Vigo),  Non máis bágoas, de Xurxo Varela (Chantada) e Queimas controladas, de Savia Nova (Pontevedra).

  2. 02

    "Non máis bágoas" - 25N no CPI Plurilingüe de Rodeiro

    Nesta edición a gala será presentada por Javi Sánchez, coñecido co nome artístico de Meiga-i. Ademais, actuará o grupo De Ninghures. Comezará ás 19 horas no Pazo da Cultura de Narón.

    A asistencia á gala é gratuíta para o público xeral. As entradas pódense conseguir no propio Pazo da Cultura

  3. 03

    Queimas controladas. Lume bo ou lume malo?

    Para o Premio do Público votaron un total de 5.056 persoas a través da web de Youtubeiras, www.youtubeiras.gal.

  4. 04

    O Faiado Podcast

    Na categoría de mellor canle de Youtube as finalistas son Exécito Mekemeke (Ames), IagoRAW (Lugo) e O Faiado Podcast (Santiago de Compostela).

    O Faiado Podcast obtivo o pasado ano o Premio Youtubeira Revelación. O xurado puxo en valor a súa capacidade parar “xerar espazo para a cultura pop en galego” e “chegar ás xeracións máis novas”. Tamén subliñou a súa aposta por “crear un universo transmedia con presenza nas tres redes empregadas pola mocidade (instagram, tiktok e youtube)”.

  5. 05

    Sara Seco Rial

    A gran novidade desta edición foi a incorporación dos contidos (e os seus creadores e creadoras) de TikTok, a plataforma líder entre a mocidade e especializada en vídeos de curta duración.

    Na categoría de mellor canle de TikTok as finalistas son Sara Seco Rial (Santiago de Compostela), pradorua (Ourense) e Konachadas (Ames)

  6. 06

    Prado Rúa

    Youtubeiras+ rexistrou este ano a inscrición de 89 canles —polos 68 da edición anterior—, que emitiron vídeos que suman 19.720 minutos de contidos dixitais en galego”.

    En 2017, ano da primeira edición, rexistrouse unha participación de 202 vídeos, mentres que en 2020 se acadaron os 536. A partir de 2021, os galardóns centráronse nas canles máis que no groso dos vídeos. Así, en 2021 presentáronse 38 canles e en 2022 concorreron 75.

  7. 07

    Rodri Miguez

    Na categoría de creación de contidos os e as finalistas son Rodri Míguez (Bueu), Prado Rúa (Ourense) e Anxo Sánchez (Lugo). Prado Rúa é a única creadora que finalista en máis dunha categoría.

  8. 10

    Galego para Peques

    A derradeira categoría é a de mellor calidade lingüística, na que son finalistas A Debate no Eirado (Santiago de Compostela), Galego para Peques (Monterroso) e Luís do Río (Santiago de Compostela).

    Galego para peques é unha canle de vídeos animados infantís en galego para os máis pequenos. "Somos un papá e unha mamá galegos que ante a falta de contidos para os nenos na nosa língua empregamos o pouco tempo libre que nos deixa a crianza para realizar estes humildes vídeos animados e educativos en galego, válidos para ver na casa ou para traballar na escola", destacan na súa presentación.

  9. 11

    A debate no eirado

    A debate no eirado é un programa iniciativa de Xurdir Producións co obxectivo de fomentar a participación activa da mocidade en temas de actualidade e en zonas rurais; resaltar as oportunidades de emprendemento que presenta o rural;  revalorizar o entorno rural como espazo de calidade de vida para os mozos e mozas. Cada programa ten unha localidade distinta como escenario.

  10. 12

    Luís do Río

    O compostelán Luís do Río é un divulgador cultural, cesteiro, músico e artesán de instrumentos galego que grava vídeos curtos, especialmente en TikTok para difundir estas técnicas e saberes tradicionais