Unha ducia de fitos das Nacións Unidas
Coincidindo coa 72 Asemblea da ONU, repasamos unha ducia de fitos da organización.
-
011942
O 1 de xaneiro de 1942 representantes dos aliados na Segunda Guerra Mundial asinan en Washington a Declaración das Nacións Unidas, expresión proposta por Roosevelt
-
021945
Tras a Conferencia de San Francisco, o 24 de outubro de 1945 entran en funcionamento formalmente as Nacións Unidas
-
031946
O noruegués Trygve Lie, primeiro secretario xeral da organización
-
041948
O 1 de maio de 1948 establécese en Palestina a primeira misión de observadores da ONU
-
051948
O 10 de decembro de 1948 a Asemblea da ONU aproba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos
-
061954
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) gaña o premio Nobel da Paz
-
071960
1960 foi o ano cun maior número de incorporacións á ONU, 17 estados, 16 deles da África descolonizada
-
081971
A República Popular de China accede á ONU, na que ata daquela esta representado Taiwán
-
091995
Os Cascos Azuis holandeses despregados durante a guerra de Bosnia en Srebrenica permiten a masacre por parte do exército serbio de máis de 8.000 musulmáns bosníacos.
-
102000
O Cumio do Milenio marcouse para 2015 uns obxectivos educativos, sanitarios, ambientais ou económicos que aínda seguen sen cumprirse
-
112001
O daquela secretario xeral, Kofi Annan, e a propia ONU reciben o Nobel da Paz
-
122017
O portugués António Guterres é desde principios deste ano o secretario xeral da ONU