Praza Pública

Unha ducia de Galicias futuras e pasadas

A Cidade da Cultura vén de abrir, ata o 9 de xaneiro, a mostra Galicia Futura, a terceira gran exposición planificada para o Xacobeo 21-22, tras Galicia, un relato no mundo e Galicia, de Nós a nós. A partir do pasado, a mostra tenta proxectar o futuro nun “diálogo entre arte e ciencia, entre tecnoloxía e creatividade”. Repasamos unha ducia de elementos da exposición.

  1. 01

    Da porcelana ao vehículo autónomo

    O mural de Luis Seoane para a fábrica de porcelanas de Magdalena, en Arxentina, e un vehículo autónomo deseñado no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) reciben conxuntamente ao visitante no Museo de Galicia

  2. 02

    O país

    Unha reformulación de Vitor Mejuto da Carta xeométrica de Galicia de Fontán dá a benvida á sala principal da mostra

  3. 03

    O produto e o deseño

    A mostra conta con todo tipo de produtos de empresas galegas que combinan a súa esencia co deseño

  4. 04

    Visións do futuro

    Maruja Mallo é unha das creadoras con máis obras presentes na mostra, que amosa as súas visións do futuro a partir da realidade galega que presenciaba

  5. 05

    Universidade e materiais

    Distintos centros de investigación galegos amosan a vertente máis creativa ou artística dos seus traballos, como estas pezas de porcelana impresas en 3D

  6. 06

    Paisaxe metafísica

    A mostra recompila diversas visións artísticas de Galicia presentes en varias coleccións de arte, como esta 'Paisaxe metafísica', cedida polo Parlamento de Galicia

  7. 07

    O téxtil

    O téxtil, a medio camiño entre o deseño e as necesidades básicas, é un dos exemplos de creación galega da que se amosa a súa evolución e proxección futura

  8. 08

    Campo de figos

    A exposición tamén conta con creacións específicas para ela, como esta montaxe na que o visitante se somerxe con cambios de luz e son e coa que Marta Pazos "reflexiona sobre os conceptos de identidade, feminismo e futuro"

  9. 09

    Público-privado

    A mostra inclúe varios dos proxectos de colaboración público-privada que vén impulsando a Xunta nos últimos anos, como o polo aeronáutico do aeródromo de Rozas

  10. 10

    Cadros e videocreacións

    A mostra pon en diálogo a arte máis clásica con visión futurista, como este outro cadro de Maruja Mallo, con videocreacións dos últimos anos

  11. 11

    Farmacoloxía, xenómica e arte

    "Imaxina que o corpo de súpeto che queda pequeno". Un repaso ás principais innovacións galegas en nanofarmacoloxía, xenómina ou neuroimaxe combínase con creacións como este 'Loose Fit' de Ángela de la Cruz.

  12. 12

    O territorio

    Tamén o territorio e a forma de ocupalo ao longo do tempo teñen sitio na mostra con varias creacións artísticas