Praza Pública

Unha ducia de hórreos

Os 30.000 hórreos galegos están en perigo, veñen de alertar expertos de distintas entidades, que analizan a posibilidade de instar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Repasamos unha ducia destas construcións.

  1. 01

    Hórreo do Araño en Rianxo

    O Hórreo do Araño, en Rianxo, é o máis longo de Galicia, con 37 metros.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  2. 02

    Hórreo de Lira

    Un metro menos que o de Rianxo ten este hórreo de Lira, nun conxunto cun pombal.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  3. 03

    Hórreo de Carnota

    Un par de metros menos de lonxitude que o de Rianxo ten o hórreo de Carnota.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  4. 04

    Hórreo de Ozón en Muxía

    Máis curto, pero igualmente rechamante cos seus 27 metros de longo, é este hórreo de Ozón, en Muxía.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  5. 05

    Hórreos en Combarro, Poio

    Os hórreos de Combarro, en Poio, non destacan polo seu tamaño senón polos seus emprazamentos á beira do mar

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  6. 06

    Hórreos en Combarro

    A acumulación de hórreos en Combarro é un dos principais atractivos da vila.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  7. 07

    Hórreos na Merca

    Na Merca hai tamén outra importante acumulación de hórreos.

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  8. 08

    Hórreos na Merca

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  9. 09

    Hórreo na Costa da Morte

    A tipoloxía dos hórreos varía desde os de bloques de pedra horizontais da Costa da Morte...

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  10. 10

    Hórreo en Ardán, Marín

    ...aos de bloques de pedra verticais das Rías Baixas...

    [CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  11. 11

    Hórreo en Abadín

    ...ou os de madeira do interior de Galicia...

    [CC-BY-SA Praza Pública]

  12. 12

    Hórreo no Piornedo

    ...e con teitos de palla, como as pallozas, no Piornedo.

    [CC-BY-SA Praza Pública]