Unha ducia de imaxes de 'Soldados forzosos' na Guerra Civil
Soldados de Franco, a premiada e recoñecida obra do historiador galego Francisco J. Leira-Castiñeira, conclúe que a diversidade da xente mobilizada polo bando franquista era tal que, malia que a ditadura construíu un mito baseado en homenaxes a heroes combatentes, eran moitos deles os que renegaban daquel conflito e mesmo da ideoloxía dos seus superiores. A súa nova obra, Soldados forzosos, insiste nese fenómeno, pero de maneira máis breve e gráfica, a través de imaxes que retratan o drama e as vivencias persoais dos galegos reclutados. Velaquí algunhas desas fotografías.
-
01Comida de campaña con Franco
Comida de campaña cos xenerais Franco e Antonio Aranda, xefe doEjército de Galicia, xunto a outros oficiaisen na fronte de Asturias, en outubro de 1937.
-
02Soldados galegos en Valencia
Soldados galegos tocando a gaita nun desfile de celebración da vitoria fascista na Guerra Civil
-
03A brutal represión
As imaxes inclúen tamén escenas durísimas da brutal represión fascista.
-
04Escolta marroquí de Franco en Valencia
A escolta marroquí de Franco desfila polas rúas de Valencia o 3 de maio de 1939.
-
05Paella en Vinaròs
Soldados franquistas preparando unha paella en Vinaròs.
-
06Tropas fascistas en Teruel
Tropas sublevadas logo de chegar a Cella, Teruel, onde reforzaron as liñas do exército franquista, en xaneiro de 1938
-
07Evadidos do Exército republicano
Dous homes evadidos do Exército republicano en Asturias, en setembro de 1937, sendo interrogados por un oficial do Estado maior
-
08Milicianos falanxistas en Galicia
Milicianos falanxistas voluntarios retratados en Galicia.
-
09Desfile de tropas franquistas
A obra inclúe numerosas imaxes de desfiles de reivindicación ou celebración das tropas franquistas.
-
10Homenaxe a Castelao
A obra de Francisco J. Leira Castiñeira inclúe tamén imaxes icónicas da vida social e política da Galicia da República e previa á Guerra Civil, como esta homenaxe a Castelao en Lugo en 1932.
-
11A portada
Portada de 'Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil española', da Editorial Galaxia.
-
12Unha obra para afondar máis nas tropas franquistas
Leira Castiñeira recibiu o Premio Miguel Artola á Mellor Tese Doutoral en Historia polo seu traballo sobre a "socialización dos soldados do exército sublevado". Desa tese xurdiu a súa obra, Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar (Siglo XXI). Desta obra, xurdiría logo a versión máis gráfica: Soldados forzosos.