David Reinero

Unha ducia de imaxes de Man, un ermitán por elección

Quixo a cousa que o CGAC inaugurase unha mostra sobre a obra do alemán de Camelle ao tempo que o coronavirus nos converteu en ermitáns. Repasamos unha ducia de imaxes á espera de que o museo reabra as súas portas.

  1. 01

    Manfred Gnädinger

    Manfred Gnädinger naceu en Alemaña en 1936 e morreu en Camelle o 28 de decembro de 2002, mes e medio despois do afundimento do Prestige, co chapapote arrasando a obra da súa vida.

  2. 02

    ‘Museo (do hermitán) Man’

    O 6 de marzo o CGAC inaugurou unha mostra baixo o título ‘Museo (do hermitán) Man’ na que repasa a obra do alemán, centrada en facer da súa casa un museo na natureza.

  3. 03

    A casa-museo en Camelle

    A casa de Man e as creacións que a rodeaban foron deteriorándose con sucesivos temporais.

  4. 04

    Recreación no CGAC

    Unha recreación da casa está instalada na entrada do CGAC.

  5. 05

    O interior

    Así era o interior da casa nunha imaxe tomada por Man nos anos 70.

  6. 06

    O interior da recreación

    E así é o interior da recreación do CGAC.

  7. 07

    A casa-museo nos 70

    No exterior, este era o aspecto da casa nos 70 nunha fotografía do propio Man.

  8. 08

    Man nos 70

    Neses anos 70, así se presentaba Man nunha fotografía de autor descoñecido reproducida polo CGAC.

  9. 09

    Nos 80

    Este era o aspecto das creacións de Man nos 80 nunha imaxe de autor descoñecido.

  10. 10

    Obxectos

    A mostra do CGAC recolle diversos obxectos e escritos de Man.

  11. 11

    Autorretrato

    Lenzo con autorretrato de Man dos anos 90.

  12. 12

    O novo museo

    Ademais de no CGAC, a obra de Man lémbrase no Novo Museo Man de Camelle, aberto en 2015.