Unha ducia de imaxes para "poñer cara" aos xefes da ditadura na provincia de Pontevedra
A Gala da Memoria programada pola Deputación de Pontevedra para este 5 de novembro insírese nunha serie de iniciativas da institución en materia de memoria histórica que inclúen a publicación, para a súa libre consulta, de centos de imaxes do partido único da ditadura na provincia. A divulgación das fotografías, achadas nos arquivos da propia Deputación, ten entre as súas intencións "poñer cara aos represores" e contribuír á preservación da memoria das vítimas. Velaquí unha ducia delas, todas tiradas do arquivo da institución.
-
01
Vilagarcía, 1953
Actos polo 18 aniversario da fundación das 'Falanges gallegas'
-
02
Pontevedra, 1958
Reunión extraordinaria do 'Consejo Provincial del Movimiento'
-
03
Pontevedra, 1953
Acto polo 'Día de los Caídos' na Alameda
-
04
As Sinas, 1965-71
Dirixentes do partido único nas instalacións do albergue das Sinas, en Vilanova, nunha imaxe datada entre 1965 e 1971
-
05
Pontevedra, 1958
Discurso de Nadal do xefe provincial do Movimiento ante alcaldes e outros cargos da ditadura
-
06
Vilagarcía, 1958
Pancartas de recibimento ao ministro José Solís nun evento da Falange
-
07
San Simón, 1958
Acto en homenaxe aos membros da garda de Franco que afogaran oito anos antes durante as súas vacacións en San Simón, onde a ditadura reconvertera o antigo campo de concentración para presos políticos nun espazo de recreo para as autoproclamadas como novas autoridades
-
08
Campo Lameiro, 1957
Visita do gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, xefe provincial do Movimiento
-
09
Ponte Caldelas, 1953
Inauguración dunha obra
-
10
Pontevedra, 1953
Parada militar en conmemoración do triunfo final dos sublevados, denominado pola ditadura como 'Día de la Victoria'
-
11
Pontevedra, 1958
Inauguración da nova sede do 'Movimiento nacional'
-
12
Pontevedra, 1964
Evento en conmemoración dos vinte e cinco anos do triunfo do golpe de Estado, celebrado pola ditadura como "25 anos de paz", o 1 de abril de 1964