Unha ducia de investiduras de presidentes da Xunta
A primeira semana de setembro vivirá unha nova investidura dun presidente da Xunta, coa defensa primeiro do seu programa de goberno, a votación dous días máis tarde e, posteriormente, a xura ou promesa do cargo e a toma de posesión. Repasamos ocasións anteriores deste proceso con imaxes do Parlamento de Galicia.
-
01
Antonio Rosón
Presidiu por designación a Xunta preautonómica entre 1977 e 1979, pero en 1981, na imaxe, puido vivir algo semellante a unha investidura ao presidir o primeiro Parlamento de Galicia o 19 de decembro de 1981.
-
02
Fernández Albor, 1982
O primeiro presidente da Xunta deu o seu discurso de investidura no Parlamento o 7 de xaneiro de 1982 e xurou e tomou posesión do cargo o 21 dese mes.
-
03
González Laxe, 1987
No caso de Laxe non houbo discurso de investidura senón debate da moción de censura que presentou contra Albor. Tras gañala, tomou posesión como presidente da Xunta o 29 de setembro de 1987.
-
04
Fraga, 1990
Manuel Fraga defendeu o seu primeiro discurso de investidura o 29 de xaneiro de 1990 e tomou posesión do cargo o 5 de febreiro deixando imaxes de forza.
-
05
Fraga, 1993
A segunda toma de posesión e xura do cargo de Fraga foi o 10 de decembro de 1993, doce días despois de defender o seu programa de goberno no debate de investidura.
-
06
Fraga, 1997
Fraga defendeu o seu programa no pleno de investidura do seu terceiro mandato o 1 de decembro de 1997 e o 9 dese mes tomou posesión do cargo.
-
07
Fraga, 2001
A cuarta investidura de Fraga comezou o 3 de decembro de 2001 e a toma de posesión foi o 15 de decembro.
-
08
Touriño, 2005
O 27 de xullo de 2005 Touriño presentou o programa do seu goberno para a súa investidura e tras obter o apoio da maioría da cámara dous días máis tarde recibiu os parabéns de Fraga, na imaxe. A toma de posesión foi o 2 de agosto.
-
09
Feijóo, 2009
Feijóo defendeu o programa para conformar o seu primeiro goberno no debate de investidura que comezou o 14 de abril de 2009 e tomou posesión o 18 dese mes.
-
10
Feijóo, 2012
O debate da segunda investidura de Feijóo comezou o 27 de novembro de 2012, na imaxe tras a súa intervención inicial, e tomou posesión o 1 de decembro.
-
11
Feijóo, 2016
O terceiro debate de investidura de Feijóo comezou o 8 de novembro de 2016 e tomou posesión o día 12.
-
12
Feijóo, 2016
Tras as tomas de posesión, é habitual que os novos presidentes celebren algún tipo de acto de carácter máis público que a xura ou promesa formal do cargo no Parlamento. [Imaxe: CC-BY-SA Xunta de Galicia]