Praza Pública

Unha ducia de lembranzas de mar e pedra na mostra 'O camiño portugués'

A Cidade da Cultura acolle ata o 17 de abril un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués tecendo un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. Escollemos unha ducia de imaxes da mostra O camiño portugués, lembranzas de mar e pedra.

  1. 01

    Construción da ponte Luís I

    A fotografía máis antiga da exposición, de 1883, é obra de Emílio Biel & Cª, e recolle as obras de construción da emblemática ponte Luís I. A imaxe forma parte do arquivo histórico da Câmara Municipal do Porto.

  2. 02

    Tres persoas no Porto

    A mostra amosa tres fotografías de Nicolás Muller durante a súa estancia no Porto en 1939, entre elas esta titulada 'Tres persoas'. Imaxe do Archivo Regional de la Comunidad de Madrid, Colección Ana Muller.

  3. 03

    Póvoa de Varzim

    Aurélio da Paz dos Reis é o autor desta imaxe de 1910 con Hilda e Hugo Paz dos Reis con nenas na randeeira da praia de Póvoa de Varzim. Imaxe do Centro Português de Fotografia.

  4. 04

    Viana do Castelo

    A mostra pon en diálogo imaxes antigas con outras que non o son tanto, como esta de Viana do Castelo de 2003 de Luis Vioque. 

  5. 05

    Vila Franca do Lima

    Festa das Rosas en Vila Franca do Lima, Viana do Castelo, en 2016, por Carmenchu Alemán. 

  6. 06

    Lanheses

    En Lanheses, Viana do Castelo, Roberto de la Torre tirou en 2019 esta imaxe titulada 'Senhor do Cruzeiro e das Necessidades'.

  7. 07

    Praia de Âncora

    Mulleres xunto ao mar nunha imaxe de autor non identificado en Praia de Âncora de arredor de 1.900 conservada no Arquivo Municipal de Lisboa

  8. 08

    Serra do Gêres

    Sao Joao da Fraga, na serra do Gêres, é o lugar desta imaxe tirada en xuño de 2017 por Luis Borges.

  9. 09

    O Miño

    Esta imaxe de homes observando a desembocadura do Miño desde o monte Santa Trega, na Guarda, é de arredor de 1925, de autor descoñecido. Colección Roisin / IEFC.

  10. 10

    A Guarda

    A imaxe de Antón Buciños é de 2015, no Monte Torroso, A Guarda.

  11. 11

    Vigo

    Unha imaxe de Vigo e as súas praias nos anos 20 e 30. Casa Charles Alberty & Cia (Loty).

  12. 12

    Pontevedra

    A mostra inclúe varias imaxes de Otto Wunderlich, como esta na Praza da Leña de Pontevedra de entre 1929 e 1936, propiedade do Instituto do Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura.

  13. 13

    Ecos do Camiño

    Peza audiovisual elaborada para a exposición