Unha ducia de multitudes
O coronavirus fainas agora pouco recomendables, pero a historia de Galicia rexistra unhas cantas multitudes históricas. Repasamos unha ducia delas.
- 
                             01 01Enterro de Curros EnríquezEn 1908 Galicia era pouco urbana, pero cando a cidade da Coruña recibiu os restos de Curros Enríquez, falecido na Habana, hai quen di que se viviu o maior cortexo fúnebre da historia de Galicia, con máis de corenta mil persoas. [Imaxe: RAG] 
- 
                             02 02Emigración polo porto de VigoMilleiros de galegos e galegas emigraron durante anos polo porto de Vigo. Na imaxe, da Autoridade Portuaria de Vigo, a dársena da Laxe en 1895. 
- 
                            03Xoán Paulo II no Monte do GozoA visita do Papa Xoán Paulo II a Santiago en 1989 pola Xornada Mundial da Xuventude deixou imaxes de multitudes, como estas que se conservan no arquivo da CRTVG. 
- 
                            04Concertos de Prince e MadonnaUn ano despois do papa, o 29 de xullo de 1990 Vigo e A Coruña acollían na mesma xornada dous multitudinarios concertos simultáneos de Madonna e Prince, respectivamente, dos que tamén quedou constancia no arquivo da CRTVG. 
- 
                             05 05Bruce Springsteen no Monte do GozoMasivo, para mal, tamén foi o concerto que en 2009 ofreceu Bruce Springsteen no Monte do Gozo, con máis 37.000 entradas vendidas pero no que varios milleiros de espectadores non puideron entrar ou acabaron véndoo en lugares non previstos. [Imaxe: Xunta] 
- 
                             06 06Manifestacións do 25 de xulloUn clásico de multitudes de cada ano (ata este) son as manifestacións do 25 de xullo en Santiago. Hai quen di que aínda hai xente saíndo da Alameda. [Imaxe: BNG] 
- 
                             07 07Manifestacións polo PrestigeAs manifestacións polo Prestige non só foron multitudinarias en Galicia senón que tamén asolagaron Madrid. [Imaxe: Nunca Máis] 
- 
                             08 08Manifestación pola capitalidade da CoruñaAs manifestacións políticas multitudinarias foron especialmente relevantes durante a transición e os primeiros anos da autonomía. Entre elas, as reclamacións para que A Coruña fose a capital de Galicia, cunha gran manifestación en María Pita en xullo de 1979. [Imaxe da homenaxe a Domingos Merino] 
- 
                             09 09Manifestacións pola sanidade en VigoNos últimos anos Vigo vén protagonizando masivas marchas en defensa da sanidade pública. [Imaxe: CIG] 
- 
                             10 10Protestas contra o descenso administrativo do CeltaPero Vigo tamén se mobilizou masivamente contra o descenso administrativo do Celta en 1995. [Imaxe: RCCelta, posterior ás protestas polo descenso] 
- 
                             11 11Cadeas humanas na Muralla de LugoEn Lugo a muralla é o lugar elixido para escenificar as protestas ou reivindicacións festivas masivas, con varias cadeas humanas e concentracións que a rodearon ao longo da súa historia, dende a campaña a prol da declaración como Patrimonio da Humanidade ata as mobilizacións contra a guerra de Iraq ou tras o afundimento do Prestige. [Imaxe: © Yvon Fruneau / UNESCO] 
- 
                             12 12CorrelinguaO Correlingua, a festa na que o alumnado se bota á rúa para celebrar o galego, é unha das concentracións periódicas masivas nas cidades e vilas galegas. [Imaxe: CIG-Ensino]