Praza Pública

Unha ducia de murais do festival DesOrdes Creativas

Hai uns días vén de concluír a undécima edición do Desordes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa, que dende o ano 2009 vén enchendo os muros de Ordes de creacións de artistas galegos e internacionais, convertendo esta vila nun referente. De Sekone a Sokram ou Liqen, pasando por Erica il Cane, Yoseba MD ou Lidia Cao, repasamos algunhas das mellores obras.

  1. 01

    2009, a primeira edición

    Hai xa unha década tivo lugar a primeira edición do DesOrdes, a semente do que viu despois. Aiser, Pake2, Ras, Spen, Alei, Nash, Nakem, Sekone, Nana, Abisal, Sokram, Zonk, foron algúns dos participantes

  2. 02

    Liqen

    Ao 2010 corresponden algúns dos primeiros murais icónicos do festival, como este pintado en 2010 por Liqen, situado na Rúa Alfonso Senra nº 66

  3. 03

    Sokram

    Laguna, Peri, Roke, Silc & Dr. Toy, Xpen, Mou & Isi participaron na edición 2011, ano que Sokram pintou este "Malas linguas"

  4. 04

    2012

    No 2012 Blu, Liqen ou Sokram realizaron algúns dos murais máis lembrados dos últimos anos en Ordes, como este de Erica il Cane (Italia)

  5. 05

    Aproveitando todos os espazos

    Ou estoutro, realizado por Sokram, integrante de Mutante Creativo e tamén do colectivo de hip-hop Dios ke te crew 

  6. 06

    Quinta edición

    O DesOrdes chegou no 2013 á súa quinta edición, na que participaron Escif, Liqen, Nas!, Mr. Thoms, E1000ink, Isaac Cordal, Sokram, Sekone, Nana, Nómada, Mou, Zosen ou Peri. Deixou creacións tan impactantes coma esta de Sekone

  7. 07

    O mellor de aquí e o mellor de fóra

    Mural titulado "Birth", pintado en 2014 polo londinense Sr.X, un dos moitos artistas internacionais que nestes anos pasaron por Ordes

  8. 08

    Integrados na paisaxe rururbana de Ordes

    Os murais que dende unha década van embelecendo as paredes de Ordes, coma este pintado en 2015 por SPOK, intégranse á perfección na paisaxe da vila

  9. 09

    Homenaxe ás mulleres do rural

    Este mural titulado "A greleira de 50 pés", pintado en 2016 por YOSEBA MP e situado na Rúa Alfonso Senra, converteuse nun símbolo de Ordes e en todo un homenaxe ás mulleres do rural

  10. 10

    O 2017

    Xoana Almar realizou nas Casillas este mural no ano 2017, unha edición na que tamén participaron Erica il Cane, Bastardilla, Spy ou Saturno

  11. 11

    Fiando a revolución

    Este mural titulado "A costureira das Casillas - Fiando a revolución" pintado en 2018 por Lidia Cao (situado en As Casillas, número 44) foi un dos máis celebrados na edición do pasado ano do festival

  12. 12

    E... 2019

    E chegamos á edición que vén de rematar, na que Alegría del Prado, Artez, Daniel Muñoz 'San', Leandro Barea ou Twee Muizen (na imaxe) deixaron a súa pegada en Ordes